Os Bolechas familia acolledora. Porque hai nenos e nenas que precisan vivir en familia

Máis info aquí

— Xogos —

“Os Bolechas familia acolledora” é unha campaña para dar a coñecer o acollemento familiar, mediante o que se trata de atopar un fogar para as nenas, nenos e adolescentes que por algún motivo non poden vivir temporalmente coa súa familia.

Cruz Vermella encargase de xestionar o programa de Familias acolledoras da Xunta de Galicia. Pode ser familia acolledora calquera persoa ou familia capaz de facilitarlle aos menores os coidados, a seguridade, a educación e o cariño que precisan.

A finalidade do programa é ofrecerlle un entorno estable e afectivo aos menores que nun momento dado pasan a estar baixo a tutela ou garda da Xunta de Galicia ao non poder convivir coas súas familias, aínda que seguen en contacto permanente con elas co fin de volveren reunirse en canto se solucione o problema que motivou a saída do fogar.


Cruz Vermella ofrece aos acolledores asesoramento e apoio durante todo o proceso.

Os Bolechas somos acolledores. E ti?

Para máis información contacta con Cruz Vermella.

www.acollementofamiliar.org

galicia@cruzroja.es

900 812 880


Bolanda, ediciones y marketing

PHP Notice: Undefined variable: counter in H:\webspace\hostings\osbolechas.gal\hosting\www\acollementofamiliar\common.php on line 13