Os Bolechas e o sabichón é unha proposta lúdica e didáctica para fomentar a lingua galega nos máis cativos así como o coñecemento en xeral. Trátase dunha iniciativa que forma parte da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) no marco do programa FalaRedes 2014 da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Pensada para nenos e nenas de 3 a 9 anos e para as súas familias. A entrada é gratuíta ata completar a capacidade do espazo onde se desenvolva a actividade en cada localidade.
A actividade está ideada a modo de concurso cun miniteatro que abre e pecha cada sesión. Os Bolechas preséntanse en forma de monicreques manipulados por actores á vista, modalidade novidosa en Galicia.
O Sabichón é un personaxe moi "listiño" que exercerá de presentador do concurso no que participarán as nenas e nenos asistentes.
Para participar formaranse dous equipos, cada un liderado por un dos irmáns Bolechas, que terán que enfrontarse a unha serie de preguntas e probas moi divertidas para demostraren coñecementos e habilidades.
60 minutos.