Carlos, Sonia e Chispa fan un equipo de fútbol. Vanse enfrontar a Loli, Braulio e Tatá. Pili é a árbitra e non fai máis que sacarlle cartóns amarelos a Tatá por coller o balón coas mans. Vai ser mellor xogar ao balonmán…
Carlos érguese moi cedo para ir facer atletismo con Supermúsculos. O atletismo é un deporte de carreiras, saltos e lanzamentos. Carlos corre moi rápido e salta altísimo. Podería gañar a medalla de ouro nas olimpíadas! Pero chega Pili e gáñalle. Uf!
Os Bolechas van dar un paseo en traiñeira, unha embarcación que usaban antigamente os mariñeiros para pescar. Loli é a patroa e os demais reman: puxan e empurran, puxan e empurran…. pero a traiñeira non se move. Que pasará?
Loli quere facer patinaxe artística, así que pon os patíns e tódolos instrumentos de protección, para non mancarse. Os irmáns fican abraiados e Braulio quere imitala pero non atopa patíns… nin os elementos para protexerse. Aínda así consegue patinar.
Braulio conta a viaxe que fixeron os personaxes do libro Galicia de Fernández del Riego, o creador do Día das Letras Galegas. No seu percorrido por toda a xeografía subiron montañas e percorreron vales e vilas coñecendo a riqueza da nosa terra.