Actividade de dinamización lingüística

Que é Terrícolas igualiños igualiñas?

Os Bolechas están a mirar o ceo, que está cheo de estrelas, e pregúntanse se haberá extraterrestres noutras galaxias… Pronto descubrirán que os hai e que están moito máis preto do que cren: ao seu carón! Un extraterrestre chega á Terra disposto a invadila, xa que os terrícolas non a coidamos nin gozamos dela como deberiamos: contaminámola, pelexamos… Así que os Bolechas, coa axuda do público, deberán demostrarlle ao extraterrestre que somos quen de coidar o noso planeta e vivir en harmonía sen axuda “exterior”. Conseguirémolo?



Axenda

Entrada gratuíta ata completar capacidade. Espectáculos confirmados.

  • Vilalba

· · · 06/12/18 - 17:00 horas - Auditorio Municipal Carmen Estévez

  • A Laracha

· · · 7/12/18 - 18:00 horas - Casa da Cultura

  • Mondariz

· · · 15/12/18 - 17:30 horas - Auditorio Municipal

  • Castrelo de Miño

· · · 16/12/18 - 18:00 horas - Salón de actos do Concello

Participa no sorteo

Participa no sorteo dos Bolechas "TERRÍCOLAS IGUALIÑOS IGUALIÑAS". Cobre o seguinte formulario e poderás gañar un lote de 5 libros dos Bolechas. E se ademais acertas a palabra clave...levarás dous lotes!

Este formulario deber ser cuberto por unha persoa maior de 14 anos. Se es menor pide a túa nai/pai ou titor/a que o faga por ti.

Ao participar, acepto as bases do sorteo.