Información para nais, pais e educadores
O entroido é unha das festas máis tradicionais da nosa comunidade, con múltiples variantes segundo o lugar. E é tamén unha das preferidas polos máis novos, de aí a facilidade para aproveitar este interese e traballar múltiples aspectos formativos: historia, xeografía, tradición, valores, música, gastronomía, plástica… As posibilidades son case infinitas pero nesta guía trataremos de simplificar conceptos para que os máis novos (2 a 5 anos) teñan un primeiro achegamento ao carnaval e, en concreto ao entroido galego, e participen del dunha forma activa e alegre, ao tempo que facemos un primeiro achegamento a conceptos moito máis complexos como a tolerancia, a igualdade de sexos etc.