Iniciativa didáctica
A diversidade é un feito inherente á nosa sociedade: cada persoa é diferente e ten unhas capacidades determinadas que debemos ter en conta para construír unha sociedade inclusiva na que todas e todos poidamos vivir en igualdade.
Para interiorizar isto desde a infancia, Cogami e os Bolechas puxeron en marcha esta iniciativa didáctica coa que imos traballar as distintas capacidades e promover a igualdade e a diversidade como valores fundamentais.
A través de xogos, actividades e diversas iniciativas, imos descubrir que é posible construír unha sociedade inclusiva no que todas as persoas poidamos participar e convivir.
unidade didáctica
Unha unidade didáctica pensada para traballar o ámbito da discapacidade desde a perspectiva da diversidade, o respecto e a empatía. Adaptable para escolares de 3 a 8 anos, ofrece un primeiro contacto cun tema de gran relevancia para a formación integral das nenas e nenos.
3 niveis
Busca as palabras escondidas en tres sopas de letras: tipos de discapacidades (doado), recursos que axudan as persoas con diferentes capacidades no seu día a día (medio) e 6 principios fundamentais recollidos na declaración dos Dereitos do Neno e da Nena de Unicef (difícil).
COMEZARPreguntas e respostas
Demostra os teus coñecementos en distintas materias: Accesibilidade (verde), Discapacidade (laranxa) e Educación Inclusiva (amarelo).
COMEZARXogo interactivo
Constrúe unha contorna inclusiva na que todo o mundo se sinta a gusto. Busca un elemento que favoreza a accesibilidade de todas as persoas. Se o logras, pasarás ao seguinte nivel. Poderás completar todas as pantallas?
Descargas