- A proposta: Este ano nesta escola traballamos a prehistoria, e como final do proxecto incorporámolo ao Entroido facendo unha representación das diferentes actividades que facían: o lume, as pinturas rupestres na cova, a caza e a pesca e o secado de peles. Participaron os 25 nenos e nenas desta pequena escola no rural da Costa da Morte. A representación foi diante das familias e non puideron faltar cancións e bailes relacionados coa temática en castelán, inglés e galego.

- Curso: 4º,5º e 6º de E. INFANTIL E 1º e 2 de E. Primaria
- Aula: Aula mixta (escola unitaria)