A exposición
Sabes como se chaman os dedos en galego?
E todas as formas que temos en Galicia para denominar o raposo?
Como todas as linguas, o galego ten unha normativa que o estandariza en todo o territorio, pero a fala de cada zona conserva uns trazos propios: son as variedades dialectais. Con esta mostra queremos dalas a coñecer e pór en valor a riqueza da nosa lingua.
Descargas
Ademais da exposición, esta páxina web inclúe material para traballar as variedades dialectais do galego cos máis cativos na casa e, especialmente, na escola. Só tes que descargalos, imprimilos e… pasalo en grande cos Bolechas
Aquí podes descargar o libro dos Bolechas “Gatiños, Ghatiños, Gatíos” en formato pdf e unha unidade didáctica sobre variedades dialectais que axudará aos escolares galegos a afondar na riqueza da nosa lingua.
Axenda
# | COMARCA: Cidade | Lugar | Datas |
---|---|---|---|
1.- | PONTEVEDRA: Pontevedra | Avenida Montero Ríos | 18 maio - 29 maio |
2.- | DEZA: Lalín | Praza do Concello | 1 xuño - 11 xuño |
3.- | SALNÉS: Vilagarcia | Praza do Auditorio | 15 xuño - 26 xuño |
4.- | MORRAZO: Moaña | Por confirmar | 10 setembro - 20 setembro |
5.- | TABEIRÓS: A Estrada | Praza do Concello | 24 setembro - 4 outubro |
6.- | A PARADANTA: A Cañiza | Praza Maior | 9 outubro - 19 outubro |
7.- | CALDAS: Caldas | Praza do Camiño | 23 outubro - 2 novembro |
8.- | BAIXO MIÑO: Tomiño | Praza do Seixo | 5 novembro - 15 novembro |
10.- | CONDADO: Ponteareas | Praza da Música | 20 novembro - 30 novembro |
9.- | VIGO: Vigo | Praza do Rei | 5 decembro - 15 decembro |
HORARIOS
# | Días | Mañas | Tardes |
---|---|---|---|
1.- | Luns - Venres | 10:00 horas - 13:30 horas | 16:00 horas - 20:00 horas |
2.- | Sábados, Domingos e Festivos | 11:00 horas - 14:00 horas | 16:00 horas - 20:00 horas |
Centros de
educación
A mostra está concibida como unha actividade pedagóxica de apoio á ensinanza regrada do galego polo que resulta de grande interese para os escolares que, ademais de aprender, pasarano en grande coas actividades e xogos que atoparán ao longo do percorrido. Esperámosvos!!
Se queredes visitar a mostra só tedes que contactar connosco a través do seguinte formulario e porémonos en contacto con vós para organizar todo.
Quiz
Demostra os teus coñecementos sobre as variedades dialectais e a riqueza da nosa lingua.