BASES LEGAIS DO CONCURSO


1. Compañía organizadora

Edicións Bolanda, S.L., empresa editora dos Bolechas, con domicilio social en rúa Preguntoiro, 36 – 1º, 15704, Santiago de Compostela (A Coruña), con CIF B15969066 organiza un CONCURSO denominado “O AGASALLO MÁIS INCRÍBEL DO MUNDO” na rede social FACEBOOK.

2. Desvinculación con respecto a Facebook

Facebook non patrocina, avala nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado a ela. O usuario desvincúlase totalmente de Facebook e é consciente de que está proporcionando a súa información á empresa Edicións Bolanda, S.L. e non a Facebook. A información que proporcione utilizarase para xestionar a participación do concursante e para comunicarlle o premio. Non terá uso comercial nin será cedido a terceiros.

3. Duración e ámbito

A promoción desenvolverase do venres 19 de decembro de 2014 ás 12:00 horas ao luns 5 de xaneiro de 2014 ás 23:59 horas, ambos inclusive, e resolverase por sorteo o día 8 de xaneiro de 2015, mediante a aplicación online easypromos ou similar.
Por causas de forza maior, causa extraordinaria xustificada e razoable ou por imperativos legais, EDICIÓNS BOLANDA, S.L. poderá decidir en calquera momento a interrupción e/ou finalización anticipada desta promoción.
O concurso esta orientado ao público galego e ao ámbito xeográfico da comunidade autónoma de Galicia. O premiado recibirá o seu premio nun punto de Galicia de forma gratuíta. De todos os xeitos, ao ser FACEBOOK unha rede social universal, non se limita á participación por ámbito xeográfico, pero se o premiado non fose de Galicia ou solicita que o seu premio sexa enviado a un punto fóra de Galicia, este deberá facerse cargo dos custos de envío do premio.

4. Forma de participación e mecánica da promoción

O AGASALLO MÁIS INCRÍBEL DO MUNDO é un concurso que se realiza a través de FACEBOOK e, á súa vez, a través da aplicación EASYPROMOS na que o concursante deberá reflectir nun texto ou frase cal é o agasallo máis divertido, orixinal, especial etc. que recibiu el mesmo, algún familiar (fillos, netos, curmáns…) ou algunha persoa coñecida polo concursante.
Optarán ao premio da presente promoción todas aquelas persoas maiores de 18 anos que cumpran os seguintes requisitos:
1.- estar rexistrado como amigo/fan dos BOLECHAS na rede social FACEBOOK
2.- inserir unha frase ou texto en galego relacionado coa temática do concurso a través de easypromos
3.- compartir a súa participación no seu muro de Facebook.
4.- inserir os datos solicitados na plataforma do concurso, que serán os seguintes:
• Nome e apelidos.
• E-mail de contacto e teléfono.
• Domicilio, cidade e código postal.
As inscricións debidamente cumprimentadas serán numeradas por orde de recepción.
Consideraranse como nulas, a efectos da súa participación no sorteo, aquelas inscricións que non faciliten a totalidade dos datos persoais requiridos. Os datos persoais facilitados deberán ser veraces; en caso de falsidade, erro ou inexactitude, os solicitantes consideraranse automaticamente non admitidos no sorteo.
Edicións Bolanda, S.L. poderá instar a exclusión da promoción de todas aqueles textos ou palabras inapropiadas ou inadecuadas porque vulneren o establecido nas presentes bases ou que puidesen atentar á dignidade das persoas ou vulneren os valores e dereitos recoñecidos na Constitución.

5. Idades dos participantes

Poderán participar na promoción todas aquelas persoas maiores de 18 anos que cumpran os requisitos seguintes: estar rexistrado como fan dos BOLECHAS na rede social FACEBOOK e facer constar de forma expresa a súa vontade de participar na súa condición de fan de devandita entidade con suxeición ás condicións que se indican. No caso dos menores de idade, necesitarán o consentimento expreso dos seus pais ou titores para a participación na presente promoción así como para a cesión dos dereitos para o tratamento dos datos do menor, asumindo aqueles calquera responsabilidade que puidese derivarse da participación do menor na promoción.

6. Premio, sorteo e entrega do premio

O premio do concurso será un lote de libros dos Bolechas. O número de libros que formen o lote dependerá do ganador, e serán establecidas tres partidas: haberá un número de libros para o ganador do concurso, pero tamén outra serie de libros para familiares e amigos e un terceiro lote de libros para unha institución benéfica da súa zona xeográfica máis próxima (barrio, aldea, cidade, concello…) que indique o ganador.
1.- O premio (é dicir, os libros) destinaranse a nenos, aínda que o participante sexa un maior de idade; o premio está destinado a unha nena ou neno de ata 14 anos de idade. Trátase de que o destinatario final dos libros sexa un cativo ou cativa.
2.- O ganador do concurso deberá asignar tres destinatarios do premio:
2.1.- Un neno (ata unha idade de 14 anos) que recibirá no seu domicilio (dentro de Galicia) un lote de ata 20 libros dos Bolechas. Os títulos dos libros serán designados por Edicións Bolanda, S.L.
2.2.- Así mesmo, ese neno escollerá á súa vez, a quen quere regalar outro lote de libros a maiores (compañeiros de clase, irmáns, curmáns, veciños, amigos…). Para esta partida designaranse un total de ata 100 libros. Os títulos dos libros serán designados por Edicións Bolanda, S.L. e neste caso, ao ser destinatarios diferentes, os títulos poderán estar repetidos. Estes libros serán entregados tamén no domicilio da nena ou neno, que será o encargado de repartilos. Para iso deberá especificar os destinatarios, cada un dos cales recibirá un libro.
2.3.- Un terceiro e último lote de libros será entregado a unha ONG ou asociación benéfica que traballe coa infancia. Esta entidade será seleccionada polo neno/a ganador/a ou, na súa falta, polo titor legal ou polo maior de idade ganador do concurso. A entidade debe traballar na área xeográfica de influencia do ganador do concurso. Os títulos dos libros serán designados por Edicións Bolanda, S.L. poderán estar repetidos tamén ao ser destinatarios finais distintos. Para esta partida designaranse un total de ata 100 libros. Estes libros serán entregados na dirección da entidade benéfica e será ela a encargada de repartilos entre as persoas que considere.
Consideraranse como nulas, a efectos da súa participación no sorteo, aquelas inscricións que non faciliten a totalidade dos datos persoais. Os datos persoais facilitados deberán ser veraces; en caso de falsidade, erro ou inexactitude, os solicitantes consideraranse automaticamente non admitidos no sorteo. Edicións Bolanda, S.L. poderá instar a exclusión da promoción todos aqueles comentarios ou frases inapropiadas ou inadecuadas porque vulneren o establecido nas presentes bases ou que puidesen atentar á dignidade das persoas ou vulneren valores, dereitos…
Ao poñer o seu comentario, frase etc. como participación, os demais usuarios-perfís poderán emitir os seus votos. Para emitir un voto non é obrigatorio participar no concurso. Poderán votar todos os comentarios que queiran pero só poderán da un voto a cada un. Entre os cinco perfís que obteñan máis votados realizarase o sorteo, en data de 7 de xaneiro de 2014.
Celebrarase o sorteo dos premios obxecto da promoción a través da plataforma de easypromos ou similar, que será inapelable. Ese mesmo día ou ao seguinte día laborable, notificarase aos ganadores por Edicións Bolanda, e publicarase o resultado do sorteo celebrado na páxina de fans dos Bolechas en Facebook.
Identificarase un ganador e dous suplentes, para o caso de que sexa necesario cubrir posibles denegacións da aceptación do premio, non facer o necesario para a súa recepción por non cumprir os requisitos destas bases para a admisión ao sorteo ou calquera outra causa que imposibilite a súa entrega ao ganador. Aos catro perfís que non sexan ganadores entregaráselles un libro-cd “Os Bolechas fan unha banda”, que se lles enviará ao seu domicilio sen ningún custo engadido, sempre que estea no ámbito territorial de Galicia.
Tras o sorteo contactarse co ganador para a aceptación do premio, vía telefónica ou por e-mail, e deberá facilitar a Edicións Bolanda o seu D.N.I. e confirmar o seu domicilio actual, así como a aceptación do premio para a remisión do lote de libros.
En ningún caso poderá substituírse o premio polo seu valor económico, nin poderá cederse a outra persoa distinta do ganador. Os títulos dos libros son decisión de Edicións Bolanda, S.L. e en ningún caso poderán substituírse por outros.
Edicións Bolanda, S.L. resérvase o dereito de que o premio quede deserto, no caso de que nin os participantes agraciados nin ningún dos suplentes cumpra os requisitos citados nestas bases. O dereito ao premio caducará aos 10 días da data de celebración do sorteo, sempre que medie intento de entrega no domicilio indicado.
Os premios serán remitidos por unha entrega personalizada nun prazo de 30 días laborables. O porte é gratuíto só para o ámbito territorial de Galicia.

7. Reservas e limitacións

Entenderase, a título enunciativo pero non limitativo, que se produce fraude, cando se detecta o suposto uso de aplicacións independentes ao website; a realización dun abuso de consultas ao servidor e todos aqueles comportamentos que poidan resultar aparentemente abusivos e/ou malintencionados.
A constatación de calquera destas circunstancias durante o concurso supoñerá a descualificación automática do concurso así como a perda do premio se se lle houber outorgado.
Edicións Bolanda, S.L. queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos propios agraciados que impida a súa identificación.
Igualmente non se responsabiliza das posibles perdas, deterioros, roubos ou calquera outra circunstancia imputable a correos que poidan afectar ao envío dos premios.
Edicións Bolanda, S.L. resérvase o dereito de emprender accións xudiciais contra aquelas persoas que realicen calquera tipo de acto susceptible de ser considerado manipulación ou falsificación do concurso.
Edicións Bolanda, S.L. exclúe calquera responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta temporal de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento dos servizos mediante os que se participa na promoción, á defraudación da utilidade que os usuarios puideran atribuír aos mesmos e en particular, aínda que non de modo exclusivo, aos fallos no acceso ás distintas páxinas e envíos de respostas de participación a través de Internet.
Edicións Bolanda, S.L. resérvase o dereito a efectuar cambios que redunden no bo fin do concurso cando concorra causa xusta ou motivos de forza maior que impidan levala a término na forma en que recollen as presentes bases.
Edicións Bolanda, S.L. resérvase o dereito a aprazar ou ampliar o período do concurso, así como a facultade de interpretar as presentes bases legais.
Así mesmo, a empresa organizadora quedará exenta de toda responsabilidade se concorre algún dos casos sinalados, así como de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que puidesen ocasionarse durante o goce do premio.

8. Protección de datos

Os datos fornecidos polos participantes serán tratados confidencialmente e recompilados nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal, sendo Edicións Bolanda, S.L. titular e responsable de devandito ficheiro, con domicilio social en Preguntoiro , 36 – 1º, cuxa finalidade será a xestión do presente sorteo.
Edicións Bolanda, S.L. garante o cumprimento íntegro da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal no tratamento dos datos persoais recollidos no presente CONCURSO, en especial polo que se refire á atención do exercicio dos dereitos de información, acceso, rectificación, oposición e cancelación de datos persoais dos concursantes.

9. Aceptación das bases.

A simple participación no concurso implica a aceptación das presentes Bases, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas implicará a exclusión do participante e como consecuencia diso, Edicións Bolanda, S.L. quedará liberada do cumprimento da obrigación contraída con devandito participante.


Volver