Faite do club!

Bases legais do concurso

1. O concurso

A xestión do concurso é responsabilidade de Ediciones Bolanda S.L. (empresa editora dos Bolechas), con domicilio en rúa Preguntoiro 36 1º 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) e CIF 15969066-B.

2. Mecánica do concurso

O concurso parte da resposta dunha pregunta formulada nesta páxina web sobre a serie de televisión Os Bolechas one2three. Todos os participantes deberán responder a esta pregunta, pero só entrarán no sorteo final aqueles que respondan correctamente.

Cada participante deberá cubrir un formulario cos seus datos persoais para poder participar no sorteo.

3. Quen pode participar

O concurso está dirixido especialmente a nenos e nenas de toda Galicia, sen límite de idade.

Os nenos deben estar inscritos no concurso polo seu polo seu pai/nai ou titor/a.

4. Prazo de participación

O prazo de participación no concurso remata o venres 31 de outubro de 2014 ás 23:59 horas.

7. Requisitos legais

Cada participante acepta expresamente as bases deste concurso no momento de cubrir o formulario de participación, e por iso, declara:

• Que acepta integramente as presentes bases.

• Que os datos do formulario foron facilitados por unha persoa maior de idade.

• Que todos os datos de carácter persoal/profesional que se faciliten con motivo da súa participación son veraces e se corresponden coa súa identidade.

8. Selección do gañador

O gañador é escollido a través dun SORTEO ante notario entre todos os participantes que respondan correctamente á pregunta.

O sorteo celebrarase ante notario o día 4 de novembro de 2014.

9. Premio

Sortearase un gran premio dunha bicicleta entre todos os participantes que respondan correctamente á pregunta.

10. Comunicación ao gañador

A organización porase en contacto co gañador a través dunha chamada telefónica e por correo electrónico. Ademais, publicarase o nome do gañador na páxina web dos Bolechas.

11. Documentación solicitada ao gañador

Para poder recibir o premio, será condición indispensable que o gañador facilite á organización do concurso: copia do DNI do gañador e copia do libro de familia para confirmar a idade do fillo/filla do gañador. O gañador terá un prazo máximo de 6 días naturais desde a chamada telefónica para enviar dita documentación. Poderá enviarse por calquera destas vías:

• Por email á dirección osbolechas@osbolechas.com

• Por correo postal ao Apartado de Correos 50 de Santiago de Compostela.

* Superados estes 6 días sen recibir notificación algunha por parte dos gañadores, entenderase que renuncian ao premio obtido.

12. Entrega de premios

O agasallo será entregado de maneira gratuíta a calquera punto de Galicia que indique o gañador.

O envío a calquera outro punto fóra de Galicia será aboado polo gañador.

13. Tratamento dos datos persoais

A efectos do previsto na Lei Orgánica 15/1999 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e do Regulamento de Desenvolvemento da mesma, aprobado por R.D. 1720/2007, de 21 de decembro, os participantes neste concurso quedan informados e aceptan que os datos de carácter persoal que faciliten no formulario de participación e os demais datos de carácter persoal que faciliten no ámbito deste concurso serán incluídos nun ficheiro de datos de carácter persoal titularidade de Ediciones Bolanda S.L., e poderán ser tratados para a xestión da súa participación no presente concurso, e a realización das actuación descritas nestas BASES incluíndo, a modo unicamente enunciativo: (1) a realización do sorteo correspondente; (2) a comunicación do premio obtido no caso de resultar o participante gañador do concurso e, (3) nese mesmo caso, a tramitación da entrega do premio correspondente. O participante que resulte gañador acepta expresamente que Ediciones Bolanda S.L. publique o seu nome e apelidos na web do concurso aos efectos da difusión da existencia do propio concurso e do seu gañador. De acordo coa Lei anteriormente mencionada, os participantes poderán exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición mediante carta que inclúa fotocopia do DNI/NIE dirixíndose por escrito a Ediciones Bolanda S.L., entidade responsable dos ficheiros, no seguinte enderezo: R/Preguntoiro 36 1º 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) ou mediante o envío dunha mensaxe á dirección de correo electrónico que se indica a continuación: osbolechas@osbolechas.com.

14. Aceptación das bases

Os participantes do concurso aceptan expresamente todas e cada unha das bases legais. O incumprimento dalgunha das BASES suporá a exclusión do participante do presente concurso. Corresponde aos organizadores a interpretación das mesmas así como a decisión sobre calquera posible continxencia, sendo estas decisións inapelables.

As presentes bases están depositadas ante o notario de Santiago de Compostela, D. Manuel Fidalgo Paz.

Diploma

Demostra o que

sabes e descarga o teu certificado de inglés

Co asesoramento da


Síguenos en Os Bolechas en Facebook Os Bolechas en Twitter Os Bolechas en Youtube