Unha nova colección de libros para coñecer mellor a cada un dos irmáns Bolechas e o seu can, Chispa. Ademais, cada libro leva de agasallo o peluche do seu personaxe. Colecciónaos!

Libro-disco que inclúe un conto cunha divertida historia da popular familia e un CD gravado exclusivamente para Os Bolechas por dez intérpretes e grupos galegos actuais dos máis diversos estilos: Novedades Carminha, Eladio y los Seres Queridos, Sés, AID, Pandeiromus, O Sonoro Maxín, Ataque Escampe, Transilvanians, The Homens e Álex Casanova.
No primeiro volume, Eduardo Pondal narra a descuberta de América a través dos versos d’Os Eoas. Algúns dos termos máis complexos da obra son explicados ao final a xeito de sinxelo dicionario para permitir unha maior comprensión. A forma máis divertida de coñecer os nosos autores!
Esta historia transcorre na casa dos tíos Lisardo e Camila. Os seis irmáns Bolechas van durmir cos seus curmáns, Sarela, Ying e Kofi, á casa da aldea. Pero son moitos e van ter que durmir moi apertados. Ata que a Sarela se lle ocorre unha idea: montar a tenda de cámping. Mais cando xa están todos acomodados, aparecen novos compañeiros de acampada…
A avoa Balbina e o avó Marcelo levan os Bolechas á neve. Van pasalo en grande tirándose na zorra. Pero Loli ten moito frío, así que pon todos os anoraks que hai na casa. E aínda así tremelica. Só lle falta poñer o edredón, mais con tanta roupa non cabe ninguén máis na zorra…
Os Bolechas van coa avoa Flora ao parque acuático. Tras poñeren o traxe de baño, montan nunha balsa para botarse polos tobogáns. Todos están entusiasmados, menos Sonia, que ten vertixe e non lle gustan nada as atraccións do parque. Pola súa culpa teñen que volver a casa, mais Sonia ten unha idea xenial!
Os irmáns Bolechas van de vacacións cos tíos Agostiño e Lupa e coa curmá Saladina. No hotel onde se aloxan hai xente de moitas nacionalidades: alemáns, ingleses, franceses, italianos… e cada un fala no seu idioma. Pero todos se entenden á hora de almorzar no bufete e xogar na piscina do hotel…
Os Bolechas están a pasar o verán na casa dos curmáns da aldea. Antes de durmiren, Sarela cóntalles unha historia dunha moura, unha moza encantada e guapísima que aparece nas fontes pola madrugada. Coa leria todos adormecen, menos Braulio que ficou marabillado coa historia e que será testemuña dunha espectacular aparición…
Os Bolechas van de paseo. Tatá vai en carriño porque aínda non sabe andar. Mais os irmáns vanse cansando a medida que andan e soben ao carriño de Tatá. Ata Chispa quere ir no carriño! Ao final mamá Bolechas non pode empurrar, do que pesa o carro e terán que buscar unha solución.
Sonia quere casar cun príncipe e prepara unha gran voda á que están convidados todos os irmáns. Ata Chispa se prepara para a cerimonia e o gran banquete. Están elegantísimos! Mais cando chegan os noivos… todos notan algo raro.
Os Bolechas van á aldea dos seus curmáns Sarela, Ying e Kofi, que teñen un burro chamado Fungón. Sarela convídaos a pasear nel, mais Fungón non ten ganas de pasear nenos; el prefire comer, así que terán que sacar todo o seu enxeño para convertérense en auténticos cabaleiros.
Braulio constrúe unha nave espacial coa que os irmáns van descubrir extraterrestres polo espazo intergaláctico. Carlos é o condutor, Pili a exploradora, Loli e Sonia as auxiliares e Braulio o comandante. Os astronautas chegan a un planeta descoñecido e… atopan dous extraterrestres!
A familia Bolechas van pasar o día á praia. Loli métese na auga e descobre unha illa á que lle pon o seu nome: Lolilandia. A xemelga dedícase a explorar os seus novos dominios e non deixa entrar aos irmáns, pero cando se dá de conta a illa comeza a desaparecer…
A Carlos regálanlle un reloxo no supermercado. Pero non é un reloxo calquera; é somerxíbel! Tanto, que mesmo se pode meter na xerra da laranxada. O problema é que Tatá tamén quere un, así que colle o do irmán e vai probar no váter se é verdadeiramente somerxíbel. Aiiiiiii, a que se lía!
Os Bolechas participan nunha supercarreira á Mariña lucense, unha carreira que transcorre por terra, mar e río con vehículos anfibios sen motor. A cousa é difícil, e éo aínda por teren que competir coas trampulleiras irmás Arredemo.