Braulio disfrázase de Castelao para contar un dos contos do xenial escritor e debuxante: Peito de Lobo. É a historia dun cabezulo deses que desfilan nas festas acompañados de xigantes. Aínda que Castelao ten moitos libros famosísimos... tamén de debuxos!
O Catecismo do labrego é o libro máis famoso do autor ourensán Valentín Lamas Carvajal,un dos fundadores da Academia Galega e director do xornal O Tío Marcos da Portela. No libro denuncia, en forma de parodia, a situación miserenta na que vivían as xentes labregas de Galicia no século XIX.
Sonia disfrázase de Antonio Noriega Varela para recitar uns versos dedicados a Calvos de Randín, un concello próximo a Portugal onde o autor estivo de mestre moito tempo. Alí falaba moito coas xentes do campo, sobre as que escribiu en varios libros, como D ́o ermo ou Como falan os brañegos.
Ricardo Carvalho Calero é un autor ferrolá que escribiu moito: poesía, teatro, artigos de prensa, estudos e novelas como Scórpio, que conta a historia dun neno que naceu nun faiado e só tiña á súa nai, así que as veciñas axudábana para sacar adiante a Scórpio.
Loli caracterízase do autor. Nesta ocasión narra a obra Como nasceu a cidade de Ourense. Conta como Ourense naceu arredor dunha poza de auga quente. Estudou Farmacia, pero non traballou de farmacéutico, senón de funcionario. Aínda que o que máis lle gustaba era a historia de Galicia. Gustáballe saber como era antes de viren os romanos conquistala ou como...
Sonia disfrázase da autora para ser a narradora da súa obra de teatro A naipeira. Conta a historia dunha muller que aprendeu a ser adiviña para gañar cartos e poder alimentar as súas fillas. Herrera naceu na Coruña en 1869. De moza marchou a Madrid, onde residiu case toda a súa vida, pero pasaba os veráns e o Nadal en Oleiros. Foi a primeira muller que...
Carlos disfrázase de Lois Pereiro para ser o narrador do guión televisivo titulado ¿Que é Galicia? Naceu en Monforte, o 16 de febreiro de 1958, o domingo de Entroido. Aos dezasete anos xa recitaba en francés poemas de poetas franceses. Un día prometeulle á súa moza que nunca escribiría en castelán, e así foi. Logo marchou a Madrid e publicou, con outros...
Braulio é o encargado de presentar a Rafael Dieste. Elixe un conto titulado Nova York que o autor rianxeiro incluíu nun dos seus libros máis coñecidos: Nos arquivos do trasno. Narra a historia dun neno intranquilo e algo fachendoso que non deixa xogar os demais
Sonia disfrázase do autor e médico de Mondoñedo para recitar uns versos do seu libro Cantares gallegos. Uns son de amor, outros de burla… son moi divertidos! A Leiras Pulpeiro gustáballe escoitar as cantigas que cantaban no campo e tamén as adiviñas. Anotounas en cadernos e así moitas chegaron até nós.
A historia dun galo moi abusón, que abusa das galiñas e dos pitos do seu curral, é a elixida para falar de Ramón Cabanillas. O autor cambadés contouna nun poema do seu libro Vento Mareiro. Queredes coñecela?
Os trobadores eran persoas que compoñían cantigas que se cantaban hai centos de anos nas celebracións. Na Ría de Vigo houbo tres moi famosos: Martín Codax, Xoán de Cangas e Mendiño. Para coñecelos mellor Sonia disfrázase deste último, porque ten unha cantiga de namorados que lle encanta.
Risco foi un galeguista moi importante ademais dun home moi elegante, así que Braulio ten que pórse traxe, gravata e chapeu para contar quen era. Farao a través dunha obra de teatro, O bufón d´El Rei, que conta a historia dun bufón feo e malvado que, por envexa, quere acabar co amor entre o cabaleiro Guindamar e a raíña Iolanda. Sairase coa súa?
Luís Seoane era un grande artista: pintaba e escribía moi ben. En Fardel de eisilado conta a aventura dunha familia de emigrantes galegos en terras americanas. Porque Seoane naceu en Bos Aires e aínda que veu de neno para Galicia en 1936 tivo que volver marchar pola guerra. Anos despois volveu e fundou con Díaz Pardo o Laboratorio de Formas onde fixo...
Os espantallos no vento é unha obra de teatro de Ramón Otero Pedrayo. Fala dun vello trampón que facendo falcatruadas nas leiras de noite atopa cuns espantallos que confunde con zombis… Cando chega o día, el mesmo é un espantallo! Unha divertida historia que serve para achegarlle á cativada o autor ourensán.
Un dos poemas máis coñecidos do libro Cantares Gallegos, de Rosalía, serve para achegarnos a unha das poetas máis importantes do mundo. Nel, a autora denuncia a emigración forzada e a tristura deses emigrantes que teñen que deixar todo “canto ben queren” sen saber se volverán velo algún día.
Sonia disfrázase de Carlos Casares para contar o seu conto preferido do escritor ourensán: A rapaza do circo, que sae no libro Vento ferido. É unha historia de amor moi bonita entre un neno galego e unha rapaza francesa trapecista que chega á vila co circo. Pero o final é un pouco triste… así que Sonia cambia de disfrace e pon o de xefa de estación,...
Os Bolechas botan man da fermosa historia do libro Mar adiante (1973), sobre unha escola barco na que as nenas e nenos aprenden e conviven baixo as estrelas e ao ritmo das ondas. Como é habitual, a aventura dos Bolechas enriquécese con textos da obra orixinal e cunha breve biografía da autora que servirá para dala a coñecer entre o público infantil.
Sonia convértese no escritor e historiador Manuel Murguía, máis coñecido por ser o esposo de Rosalía de Castro. Para iso pon unha chistera, que o autor usaba para parecer máis alto, xa que era moi baixiño.
Aínda que naceu en Madrid, Xoán Vicente Viqueira pasou gran parte da súa vida en Galicia. Aquí foi profesor e traballou moito para que nenas e nenos tivesen os mesmos dereitos e falasen o galego. Pero tamén escribiu poesía de namorador, como a que se narra nesta historia e que aparece no seu libro Ensaios e poesías.