Termos e condicións
1. OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN
As presentes Condicións Xerais teñen como obxecto regular a relación entre EDICIONES BOLANDA, S.L. (en diante A COMPAÑÍA) e Vd. (en diante o Cliente), relativas a todas as transaccións realizadas a través da tenda online dos Bolechas (www.osbolechas.gal/tenda), dominio do que é titular A COMPAÑÍA, sociedade legalmente constituída, provista de CIF número B15969066. Así mesmo, a contratación online dos servizos ofrecidos pola COMPAÑÍA a través da presente web estará suxeita ao disposto no Aviso legal da web. No suposto de existir un conflito entre este e as presentes Condicións Xerais, estas últimas prevalecerán sempre e en todo caso.
2. ACEPTACIÓN E PROBA DE ACEPTACIÓN
A adquisición dos produtos debe facerse a través da activación do botón ENVIAR que aparece ao pé de páxina da solicitude de compra, e expresa a aceptación total de todas e cada unha das Condicións Xerais tal e como se mostran na web da COMPAÑÍA con anterioridade á adquisición dos produtos, sen que lle sexan de aplicación as novidades que poidan producirse nas cláusulas das Condicións Xerais con posterioridade. Desde o momento da aceptación, o usuario adquire a condición de Cliente da COMPAÑÍA que se describe nestas Condicións Xerais. Calquera produto ou servizo ofertado con posterioridade pola COMPAÑÍA deberá ser obxecto dunha nova contratación. Se o Cliente desexa ler con máis detemento as Condicións Xerais, pode imprimir en papel ou gardar o documento en formato electrónico. A COMPAÑÍA remitirá ao Cliente, unha vez aceptadas de forma expresa as presentes Condicións Xerais, xustificación da contratación efectuada, con todos os seus termos, a través de correo electrónico. A COMPAÑÍA infórmalle de que, por motivos legais, arquiva os documentos electrónicos en que quedan formalizadas as compras. No caso de que o Cliente cometese un erro ao enviar os datos poderá modificar os mesmos. Se o dato modificado se refere á dirección postal onde o Cliente solicitou que se lle entregue o produto adquirido, sempre que o produto non sexa enviado, o devandito envío realizarase á nova dirección indicada. En caso contrario o Cliente deberá esperar a que a entrega se faga efectiva e iniciar os trámites de devolución oportunos.
3. PREZOS, FORMA DE PAGO, ENTREGA E DESISTENCIA
3.1 Prezos
Os prezos aplicables a cada produto son os indicados na páxina web na data do pedido, incluíndo todos eles o Imposto sobre o Valor Engadido (en diante, IVE). No entanto, atendendo ao establecido na Lei 37/19992, de 28 de decembro, reguladora de devandito imposto, a operación pode resultar exenta ou non suxeita ao mesmo en función do país de residencia do comprador e da condición na que actúa o mesmo (empresario / profesional ou particular). En consecuencia, nalgúns supostos o prezo final do pedido pode verse alterado respecto ao que figura exposto na páxina web. Naquelas entregas de bens que teñan lugar en países non pertencentes á Unión Europea, Ediciones Bolanda, S.L. non asumirá o custo dos impostos e aranceis aduaneiros propios de cada país, sendo estes a cargo do destinatario do produto. Os gastos de envío e o seu IVE correspondente sempre se indican no pedido. Os gastos de envío que aparecen no sitio web ao realizar a compra calcúlanse en base ao peso do envío. As ofertas estarán debidamente marcadas e identificadas como tal, indicando correctamente o prezo anterior e o prezo da oferta. A COMPAÑÍA resérvase o dereito de efectuar na web, en calquera momento e sen previo aviso, as modificacións que considere oportunas, podendo actualizar produtos e servizos en función do mercado.
3. 2 Forma de pago
As compras pódense pagar por calquera dos medios a continuación enumerados:
• PayPal
• Tarxeta de débito e de crédito (Visa, Master Card, Euro6000…). Dispoñible para todos os países a través da pasarela de pago de Paypal.
• Transferencia bancaria: Dispoñible só para vendas España. Enviarémoslle un correo electrónico para indicarlle o importe da transferencia e os datos para poder realizala.
3.3 Gastos de envío e entregas
Os gastos de envío mostraranse antes de finalizar a súa compra, en función da dirección e o peso de envío de cada pedido.
Por norma xeral, establécense as seguintes tarifas para os envíos (prezo final, impostos incluídos):
Os envíos con forma de pago contra reembolso terán un custo adicional especificado no punto 2, Forma de Pago destas mesmas Condicións de Venda.
As entregas envíanse á dirección de entrega que o Cliente indica, nun prazo de 3-5 días laborables para entregas Galicia, Península, Baleares, Canarias e Ceuta e Melilla e de 30 días laborables para o resto de zonas para os produtos en stock. O Cliente poderá seleccionar a forma de envío de entre as posibles para a súa zona de envío. Deberá ter en conta que os prazos de entrega, a calidade do servizo, o punto de entrega e o custo serán diferentes para cada forma de transporte. A data de entrega no domicilio do Cliente depende da dispoñibilidade do produto escollido e da zona de envío. Se o Cliente non recibise o pedido no prazo indicado pode poñerse en contacto coa COMPAÑÍÁ través do teléfono 981569155 ou do e-mail tenda@osbolechas.com.
Todos os envíos realízanse pola empresa de mensaxería urxente MRW. Para os envíos fóra de Galicia, Península, Illas Baleares, Illas Canarias e Ceuta e Melilla poderanse enviar por outro tipo de servizo de transporte.
3.4 Desistencia
A COMPAÑÍA garante ao Cliente a posibilidade de anular o seu pedido en calquera momento e sen ningún custo sempre que a anulación se comunique antes de que o pedido sexa posto a disposición do transportista para o seu envío. En caso contrario deberá esperar a recibir o pedido para tramitar a súa devolución. O Cliente disporá dun prazo mínimo de 7 días hábiles desde a recepción do ben. O Cliente comunicará á COMPAÑÍA dentro do prazo estipulado, e por calquera medio admitido en dereito, o seu desexo de exercitar o dereito de resolución do contrato. O pedido devolto deberá ser entregado xunto co albarán de entrega e no seu caso a factura emitida pola COMPAÑÍA, correndo o Cliente cos gastos de envío da devolución. O Cliente poderá devolver calquera artigo que compre á COMPAÑÍA a condición de que os produtos non sexan abertos nin usados e conserven o seu precinto ou embalaxe orixinal. Se un produto distinto ao solicitado polo cliente fose entregado por erro da COMPAÑÍA, entregaráselle o produto correcto, recollendo o primeiro, sen ningún cargo adicional para o Cliente. Se un produto chegou ao cliente roto, danado ou en malas condicións, A COMPAÑÍA farase cargo de recollelo no seu domicilio, substituíndoo por outro en bo estado, sen cargos adicionais. Para calquera reclamación ou consulta pode pórse en contacto coa COMPAÑÍA a través do teléfono (0034) 981569155.
Para os produtos personalizados (cuncas ou outros) non será aplicable a desistencia, non serán aceptadas anulacións nin devolucións, ao ser un produto personalizado.
4. RESPONSABILIDADES DA COMPAÑÍA
A COMPAÑÍA garante a calidade dos produtos comprados a través da páxina web www.osbolechas.com/tenda. Quedan garantidos todos os dereitos que as Leis en vigor garantan aos consumidores e usuarios. O incumprimento de calquera destas Condicións Xerais dá dereito ao Cliente á devolución dos produtos ou a cancelación dos Servizos adquiridos polo Cliente.
5. RESPONSABILIDADES DO CLIENTE
O Cliente obrígase a realizar un uso lícito dos Servizos, sen contravir a lexislación vixente, nin lesionar os dereitos e intereses de terceiras persoas. O Cliente garante a veracidade e exactitude dos datos facilitados ao cumprimentar os formularios de contratación, evitando causar prexuízos á COMPAÑÍA produto da incorrección dos mesmos. O incumprimento de calquera destas Condicións poderá dar lugar á retirada ou cancelación dos Servizos por parte da COMPAÑÍA sen necesidade de preaviso ao Cliente e sen que iso dea dereito a indemnización algunha.
6. PROPIEDADE INDUSTRIAL E INTELECTUAL
Os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre as obras, marcas, logos, e calquera outro susceptible de protección, contidos na páxina web da COMPAÑÍA corresponden en exclusiva á COMPAÑÍA ou a terceiros que autorizaron a súa inclusión na páxina web. A reprodución, distribución, comercialización ou transformación non autorizadas de tales obras, marcas, logos etc. constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual e industrial da COMPAÑÍA ou do titular dos mesmos, e poderá dar lugar ao exercicio de cantas accións xudiciais ou extraxudiciais lles puidesen corresponder no exercicio dos seus dereitos. Así mesmo, a información á cal o Cliente pode acceder a través da web, pode estar protexida por dereitos de propiedade industrial, intelectual ou doutra índole. A COMPAÑÍA non será responsable en ningún caso e baixo ningún concepto das infraccións de tales dereitos que poida cometer como usuario.
7. XURISDICIÓN E LEI APLICABLE
No caso de que xurda calquera conflito ou discrepancia na interpretación ou aplicación das presentes condicións contractuais, os Xulgados e Tribunais que, no seu caso, coñecerán do asunto, serán os que dispoña a normativa legal aplicable en materia de xurisdición competente, na que se atende, tratándose de consumidores finais, ao lugar do cumprimento da obrigación ou ao do domicilio da parte compradora. No caso de que se trate dunha compravenda realizada por unha empresa, ambas as partes sométense, con renuncia expresa a calquera outro foro, aos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.
8. DEVOLUCIÓNS
A COMPAÑÍA garante ao Cliente a posibilidade de anular o seu pedido en calquera momento e sen ningún custo sempre que a anulación se comunique antes de que o pedido sexa posto a disposición do transportista para o seu envío. En caso contrario deberá esperar a recibir o pedido para tramitar a súa devolución. O Cliente disporá dun prazo máximo de 5 días hábiles desde a recepción do produto. O Cliente comunicará á COMPAÑÍA dentro do prazo estipulado e por calquera medio admitido en dereito, o seu desexo de exercitar o dereito de resolución do contrato. O pedido devolto deberá ser entregado xunto co albarán de entrega e no seu caso a factura emitida pola COMPAÑÍA, correndo o Cliente cos gastos de devolución. O Cliente poderá devolver calquera artigo que compre á COMPAÑÍA a condición de que os produtos non sexan abertos nin usados e conserven o seu precinto ou embalaxe orixinal. Se un produto distinto ao solicitado polo cliente fose entregado por erro da COMPAÑÍA, entregaráselle o produto correcto, recollendo o primeiro, sen ningún cargo adicional para o Cliente. Se un produto chegou ao cliente roto, danado ou en malas condicións, A COMPAÑÍA farase cargo de recollelo no seu domicilio, substituíndoo por outro en bo estado, sen cargos adicionais. Para calquera reclamación ou consulta pode pórse en contacto coa COMPAÑÍA a través do teléfono 981569155 ou do Apartado de Atención ao Cliente desta web. Para os produtos personalizados (cuncas ou outros) non será aplicable a desistencia, non serán aceptadas anulacións nin devolucións, ao ser un produto personalizado.