Carlos, Sonia e Chispa fan un equipo de fútbol. Vanse enfrontar a Loli,...
Carlos érguese moi cedo para ir facer atletismo con Supermúsculos. O...
Os Bolechas van dar un paseo en traiñeira, unha embarcación que usaban...
Loli quere facer patinaxe artística, así que pon os patíns e tódolos...
Braulio conta a viaxe que fixeron os personaxes do libro Galicia de...
Os irmáns Bolechas van de vacacións cos tíos Agostiño e Lupa e coa curmá Saladina. No hotel onde se aloxan hai xente de moitas nacionalidades: alemáns, ingleses, franceses, italianos… e cada un fala no seu idioma. Pero todos se entenden á hora de almorzar no bufete e xogar na piscina do hotel…
Os Bolechas están a pasar o verán na casa dos curmáns da aldea. Antes de durmiren, Sarela cóntalles unha historia dunha moura, unha moza encantada e guapísima que aparece nas fontes pola madrugada. Coa leria todos adormecen, menos Braulio que ficou marabillado coa historia e que será testemuña dunha espectacular aparición…
Os Bolechas van de paseo. Tatá vai en carriño porque aínda non sabe andar. Mais os irmáns vanse cansando a medida que andan e soben ao carriño de Tatá. Ata Chispa quere ir no carriño! Ao final mamá Bolechas non pode empurrar, do que pesa o carro e terán que buscar unha solución.
Sonia quere casar cun príncipe e prepara unha gran voda á que están convidados todos os irmáns. Ata Chispa se prepara para a cerimonia e o gran banquete. Están elegantísimos! Mais cando chegan os noivos… todos notan algo raro.
Os Bolechas van á aldea dos seus curmáns Sarela, Ying e Kofi, que teñen un burro chamado Fungón. Sarela convídaos a pasear nel, mais Fungón non ten ganas de pasear nenos; el prefire comer, así que terán que sacar todo o seu enxeño para convertérense en auténticos cabaleiros.
Braulio constrúe unha nave espacial coa que os irmáns van descubrir extraterrestres polo espazo intergaláctico. Carlos é o condutor, Pili a exploradora, Loli e Sonia as auxiliares e Braulio o comandante. Os astronautas chegan a un planeta descoñecido e… atopan dous extraterrestres!
A familia Bolechas van pasar o día á praia. Loli métese na auga e descobre unha illa á que lle pon o seu nome: Lolilandia. A xemelga dedícase a explorar os seus novos dominios e non deixa entrar aos irmáns, pero cando se dá de conta a illa comeza a desaparecer…
Este libro fala de como temos que comportarnos pola rúa, dos pasos de peóns, dos bonecos verde e vermello dos semáforos, das cadeiras de seguridade para ir no coche, de como temos que levar o can pola rúa para que non moleste a ninguén...
Os Bolechas viaxan até a aldea dos seus curmáns para coñeceren moitos dos animais domésticos que hai alí: vacas, galiñas, cabalos, porcos, ovellas... e ata un burro. Pero tamén coñeceremos outros animais que non hai aquí pero que son habituais noutros países, coma os elefantes, os dromedarios, etc.
Neste libro Os Bolechas ensínannos a evitar accidentes comúns no fogar, como caer dunha escada, escorregar cos xoguetes que deixamos tirados polo chan, queimarnos na cociña, cortarnos cun coitelo, tragar cousas... Así aprenderemos a afrontar estes perigos e evitaremos moitos dos accidentes que habitualmente se producen na casa.
Neste volume coñeceremos os distintos tipos de roupa: saias, pantalóns, calcetíns, calzóns, bragas, pixamas... Pero tamén veremos roupa deportiva, como quimonos, tenis e luvas; roupa de traballo, como chalecos reflectores, traxes de auga ou fundas, e uniformes, coma o de policía, o de bombeiro, o de comandante. E, por suposto, veremos a roupa para cans.
Este libro fala dos oficios: dos fontaneiros, dos pedreiros, dos camareiros, dos panadeiros, dos albaneis... Fala tamén das ferramentas que se usan en cada un deles: pas, martelos, desaparafusadores, abuxardadoras, angazos, sacarrollas...
Este libro mostra como temos que lavar as mans ou como debemos coidar a dentadura para non termos carie; tamén indica cada cantos días mudamos a roupa, cando debemos cortarnos as uñas dos pés para non furar os calcetíns ou como se limpan os zapatos. A quen non lle gusta moito a limpeza e a Chispa, el nunca quere bañarse.
Ao longo deste volume aprenderemos como transcorre un día. Cando nos erguemos, cando imos á escola, cando xantamos e durmimos a sesta, cando facemos os deberes, cando merendamos e imos ao parque, cando nos deitamos, cando soñamos con monstros... Ou cando podemos durmir máis da conta, porque estamos de vacacións.
Neste libro aprenderemos como é o noso corpo. Como comemos, por onde pasa a comida e onde vai, do sangue e o corazón, dos pulmóns cos que respiramos, dos músculos e os ósos. Tamén coñeceremos os sentidos: a vista, o oído, o tacto, o gusto e o olfacto. E veremos os cambios que se producen ao medrar, como é Tatá de bebé e como será cando se faga vello.
Este libro amósanos como falamos co corpo, porque non só o facemos coa boca. As mans son moi faladoras, poden falar mesmo debaixo da auga. A cara tamén fala o seu, abrindo os ollos, revirando a boca, mostrando os dentes... Os cans, como non saben falar, falan moi ben co corpo para dicir "dáme algo", "estou nervioso" ou "teño medo", ademais de “Baubau”,...
Este libro fala dos transportes de viaxeiros: o autobús, o tren, o metro, o barco e o avión. Das estacións de autobuses e do tren, dos portos e aeroportos e tamén das persoas que traballan neles: condutores, maquinistas, interventores, capitáns de barco, mariñeiros, comandantes de avión, auxiliares de voo...
Os Bolechas cóntannos, de xeito moi sinxelo e didáctico, como nacemos: se o facemos a partir dun ovo, coma as galiñas, ou se nacemos da barriga da nosa nai. Tamén saberemos cantos meses dura un embarazo, como medra o feto etc. E mesmo veremos como naceron os irmáns Bolechas ou o propio Chispa.
Neste libro coñeceremos os animais que viven nos bosques de Galicia: esquíos, lontras, aguias, lagartos arnais, víboras fociñudas... Os Bolechas van de excursión polo bosque para velos, pero os animais non queren visitas e agáchanse entre as árbores ou foxen.
A Carlos regálanlle un reloxo no supermercado. Pero non é un reloxo calquera; é somerxíbel! Tanto, que mesmo se pode meter na xerra da laranxada. O problema é que Tatá tamén quere un, así que colle o do irmán e vai probar no váter se é verdadeiramente somerxíbel. Aiiiiiii, a que se lía!
Os Bolechas participan nunha supercarreira á Mariña lucense, unha carreira que transcorre por terra, mar e río con vehículos anfibios sen motor. A cousa é difícil, e éo aínda por teren que competir coas trampulleiras irmás Arredemo.