Braulio quere ser director de orquestra cando sexa maior. O caso é que aínda non sabe moito de música. Con este libro imos aprender que é a música, que cousas producen sons, que tipos de instrumentos hai, estilos musicais… No próximo festival da escola Braulio vai acompañar con maracas unha canción caribeña con moito ritmo! máis info
A Tatá gústalle moito mirar o peixe do seu acuario pero é un bebé e non sabe que no mar viven millóns de peixes xunto con outros animais, algas e plantas. Con este libro aprenderá moitas cousas sobre os océanos, coñecerá as diferentes zonas que o forman e quen habita en cada unha delas. máis info
Pili quere aprender a cociñar para facer un programa na tele, pero para iso ten que saber moito. Con ela e co resto dos Bolechas aprenderemos moitas cousas sobre a cociña: que utensilios se usan, como se pon a mesa, formas de cociñar, tipos de alimentos e mesmo comidas típicas de moitos lugares do mundo. Bo proveito! máis info
Chispa é un animal doméstico. El non ten que buscar comida e un sitio seguro para durmir. Mais non todos os animais o teñen tan doado. Os animais salvaxes deben buscar a súa propia comida e teñen que durmir cun ollo aberto por se veñen comelos… Mais tamén andan libres e poden ver as estrelas pola noite… Imos coñecer un pouco mellor algúns destes animais!...
Sonia sabe facer algunhas tarefas da casa, como varrer, recoller os xoguetes ou pór a mesa. Mais outras, como tender a roupa, son moi difíciles. Sempre pilla os dedos coas pinzas! Imos ver que labores hai que facer na casa para tela limpa e organizada e como podemos axudar os maiores. Máis info
Carlos quere saber que pasaba na época dos seus tataravós. Pero a historia empeza moito antes, cando os humanos nos pareciamos máis aos monos que ás persoas. Pouco a pouco fomos evolucionando, aprendemos a cultivar a terra, a manexar moitos instrumentos, descubrimos novos mundos e inventamos unha chea de cousas… Máis info
Este libro fala de como temos que comportarnos pola rúa, dos pasos de peóns, dos bonecos verde e vermello dos semáforos, das cadeiras de seguridade para ir no coche, de como temos que levar o can pola rúa para que non moleste a ninguén...
Os Bolechas viaxan até a aldea dos seus curmáns para coñeceren moitos dos animais domésticos que hai alí: vacas, galiñas, cabalos, porcos, ovellas... e ata un burro. Pero tamén coñeceremos outros animais que non hai aquí pero que son habituais noutros países, coma os elefantes, os dromedarios, etc.
Neste libro Os Bolechas ensínannos a evitar accidentes comúns no fogar, como caer dunha escada, escorregar cos xoguetes que deixamos tirados polo chan, queimarnos na cociña, cortarnos cun coitelo, tragar cousas... Así aprenderemos a afrontar estes perigos e evitaremos moitos dos accidentes que habitualmente se producen na casa.
Neste volume coñeceremos os distintos tipos de roupa: saias, pantalóns, calcetíns, calzóns, bragas, pixamas... Pero tamén veremos roupa deportiva, como quimonos, tenis e luvas; roupa de traballo, como chalecos reflectores, traxes de auga ou fundas, e uniformes, coma o de policía, o de bombeiro, o de comandante. E, por suposto, veremos a roupa para cans.
Este libro fala dos oficios: dos fontaneiros, dos pedreiros, dos camareiros, dos panadeiros, dos albaneis... Fala tamén das ferramentas que se usan en cada un deles: pas, martelos, desaparafusadores, abuxardadoras, angazos, sacarrollas...
Este libro mostra como temos que lavar as mans ou como debemos coidar a dentadura para non termos carie; tamén indica cada cantos días mudamos a roupa, cando debemos cortarnos as uñas dos pés para non furar os calcetíns ou como se limpan os zapatos. A quen non lle gusta moito a limpeza e a Chispa, el nunca quere bañarse.
Ao longo deste volume aprenderemos como transcorre un día. Cando nos erguemos, cando imos á escola, cando xantamos e durmimos a sesta, cando facemos os deberes, cando merendamos e imos ao parque, cando nos deitamos, cando soñamos con monstros... Ou cando podemos durmir máis da conta, porque estamos de vacacións.
Neste libro aprenderemos como é o noso corpo. Como comemos, por onde pasa a comida e onde vai, do sangue e o corazón, dos pulmóns cos que respiramos, dos músculos e os ósos. Tamén coñeceremos os sentidos: a vista, o oído, o tacto, o gusto e o olfacto. E veremos os cambios que se producen ao medrar, como é Tatá de bebé e como será cando se faga vello.
Este libro amósanos como falamos co corpo, porque non só o facemos coa boca. As mans son moi faladoras, poden falar mesmo debaixo da auga. A cara tamén fala o seu, abrindo os ollos, revirando a boca, mostrando os dentes... Os cans, como non saben falar, falan moi ben co corpo para dicir "dáme algo", "estou nervioso" ou "teño medo", ademais de “Baubau”,...
Este libro fala dos transportes de viaxeiros: o autobús, o tren, o metro, o barco e o avión. Das estacións de autobuses e do tren, dos portos e aeroportos e tamén das persoas que traballan neles: condutores, maquinistas, interventores, capitáns de barco, mariñeiros, comandantes de avión, auxiliares de voo...
Os Bolechas cóntannos, de xeito moi sinxelo e didáctico, como nacemos: se o facemos a partir dun ovo, coma as galiñas, ou se nacemos da barriga da nosa nai. Tamén saberemos cantos meses dura un embarazo, como medra o feto etc. E mesmo veremos como naceron os irmáns Bolechas ou o propio Chispa.
Neste libro coñeceremos os animais que viven nos bosques de Galicia: esquíos, lontras, aguias, lagartos arnais, víboras fociñudas... Os Bolechas van de excursión polo bosque para velos, pero os animais non queren visitas e agáchanse entre as árbores ou foxen.