Faite con esta colección de sete vasos de edición limitada. Cada un está adicado a un personaxe e conta cun deseño exclusivo e cor interior diferenciada.
Sete pulseiras exclusivas dos Bolechas para levar xuntas ou lucilas por separado. A colección é unha iniciativa solidaria e os beneficios da súa venda van destinados á asociación Arela, que traballa con nenos, nenas e adolescentes que viven situacións de desprotección familiar ou conflito social.
A Muuulecha é un dos accesorios máis demandados dos Bolechas que sorprende polas súas grandes prestacións: trátase dunha maleta, un xoguete e un cómodo transporte para os máis pequenos.