Os Bolechas reciben na súa casa unha chea de cans e cadelas dos seus amigos e veciños. Roberto déixalles ao seu chihuahua Tabasco, Maruxa á súa sanbernardo Olinda, Sabela aos seus buldogues franceses Plis e Plas e Lois a Salchichona. Mais Chispa non quere máis cans ca el na casa e ponse rabioso. Van ter que facer algo…
Os Bolechas están merendando na casa da tía Lupa, que deixa á pequena Saladina ao seu coidado mentres se vai duchar. A nena esperta chorando e os Bolechas cren que ten fame, mais… non quere comer nada do que lle dan!
Con motivo do 20 aniversario, Os Bolechas recuperan catro dos primeiros títulos publicados na colección Formato Clásico: -Xogan ás escondidas (2000) -Teñen gato (2001) -Perderon o can (2002) -Fan un carro (2002) Historias de onte, hoxe e sempre que farán as delicias dos fans dos Bolechas e de quen se achegue a eles por primeira vez.
Os Bolechas convértense en artistas de circo. Os irmáns ascenderán cara o máis alto da lona nos hercúleos brazos de Carlos. E máis difícil aínda! Chispa, vencendo a vertixe, gabeará por esa torre humana ata acadar a cima. Donas e cabaleiros… Comeza o espectáculo!
Os Bolechas xogan no parque infantil. Vanse botar polo escorregadoiro, pero Chispa e os seus amigos tamén queren. O problema vén cando o intenta Terra-nova. É moi grande e queda atuído. Conseguirán sacalo?
Adriana pídelles aos Bolechas que lle coiden as súas mascotas mentres vai de cámping. O caso é que Adriana ten moitas mascotas: un can, un cabalo, unha galiña e unha porca. Como van facer para meter todos eses animais na casa?
Anselmo é un veciño dos Bolechas que perdeu a Medulio, o seu camaleón. O problema é que os camaleóns cambian de cor para camuflarse, así que atopalo non vai ser doado. Van ter que aguzar a imaxinación…
Con motivo do 20 aniversario, Os Bolechas recuperan catro dos primeiros títulos publicados na colección Formato Clásico: -Van a praia (2000) -Van a hamburguesería (2002) -Van en caravana (2003) -Van en acensor (2005) Historias de onte, hoxe e sempre que farán as delicias dos fans dos Bolechas e de quen se achegue a eles por primeira vez.
Con motivo do 20 aniversario, Os Bolechas recuperan catro dos primeiros títulos publicados na colección Formato Clásico: -Fan pis (2002) -Teñen medo (2000) -Fan maxia (2000) -Están namorados (2002) Historias de onte, hoxe e sempre que farán as delicias dos fans dos Bolechas e de quen se achegue a eles por primeira vez.
Con motivo do 20 aniversario, Os Bolechas recuperan catro dos primeiros títulos publicados na colección Formato Clásico: -Van a aldea (2001) -Cortan o pelo (2001) -Van ao médico (2001) -Van ao cine (2002) Historias de onte, hoxe e sempre que farán as delicias dos fans dos Bolechas e de quen se achegue a eles por primeira vez.
Os Bolechas van á xeadaría que ten a nai da súa amiga Antonella, unha nena italiana. A nai aproveita para ir facer un recado mentres Antonella lles serve aos Bolechas os xeados. Pero non é tan doado sacar bólas de xeado. Está moi frío e duro e… todos acaban na lavandaría do tío Raffaello.
Saladina queda a durmir na casa dos curmáns, porque a tía Lupa e o tío Agostiño van ao cine. Saladina dorme no berce de Tatá e Tatá na cama de Carlos. Todos están prontos para durmir pero… que cheiro! Saladina mexou no berce e papá Bolechas ten que cambiarlle o cueiro. Ai! Esta vai ser unha noite moi longa.
Os Bolechas están no portal da casa e ven pasar a súa amiga Celia cunha mascota moi rara. É un porco vietnamita, porque seica agora lévanse as mascotas raras. “Chispa é unha antigalla” dilles Celia. Os Bolechas pícanse, e deciden ter a mascota máis rara do mundo. E coñecéndoos… abofé que a terán!
Esta historia transcorre na casa dos tíos Lisardo e Camila. Os seis irmáns Bolechas van durmir cos seus curmáns, Sarela, Ying e Kofi, á casa da aldea. Pero son moitos e van ter que durmir moi apertados. Ata que a Sarela se lle ocorre unha idea: montar a tenda de cámping. Mais cando xa están todos acomodados, aparecen novos compañeiros de acampada…
A avoa Balbina e o avó Marcelo levan os Bolechas á neve. Van pasalo en grande tirándose na zorra. Pero Loli ten moito frío, así que pon todos os anoraks que hai na casa. E aínda así tremelica. Só lle falta poñer o edredón, mais con tanta roupa non cabe ninguén máis na zorra…
Os Bolechas van coa avoa Flora ao parque acuático. Tras poñeren o traxe de baño, montan nunha balsa para botarse polos tobogáns. Todos están entusiasmados, menos Sonia, que ten vertixe e non lle gustan nada as atraccións do parque. Pola súa culpa teñen que volver a casa, mais Sonia ten unha idea xenial!
Os irmáns Bolechas van de vacacións cos tíos Agostiño e Lupa e coa curmá Saladina. No hotel onde se aloxan hai xente de moitas nacionalidades: alemáns, ingleses, franceses, italianos… e cada un fala no seu idioma. Pero todos se entenden á hora de almorzar no bufete e xogar na piscina do hotel…
Os Bolechas están a pasar o verán na casa dos curmáns da aldea. Antes de durmiren, Sarela cóntalles unha historia dunha moura, unha moza encantada e guapísima que aparece nas fontes pola madrugada. Coa leria todos adormecen, menos Braulio que ficou marabillado coa historia e que será testemuña dunha espectacular aparición…
Os Bolechas van de paseo. Tatá vai en carriño porque aínda non sabe andar. Mais os irmáns vanse cansando a medida que andan e soben ao carriño de Tatá. Ata Chispa quere ir no carriño! Ao final mamá Bolechas non pode empurrar, do que pesa o carro e terán que buscar unha solución.
Sonia quere casar cun príncipe e prepara unha gran voda á que están convidados todos os irmáns. Ata Chispa se prepara para a cerimonia e o gran banquete. Están elegantísimos! Mais cando chegan os noivos… todos notan algo raro.
Os Bolechas van á aldea dos seus curmáns Sarela, Ying e Kofi, que teñen un burro chamado Fungón. Sarela convídaos a pasear nel, mais Fungón non ten ganas de pasear nenos; el prefire comer, así que terán que sacar todo o seu enxeño para convertérense en auténticos cabaleiros.