Un dos poemas máis coñecidos do libro Cantares Gallegos, de Rosalía, serve para achegarnos a unha das poetas máis importantes do mundo. Nel, a autora denuncia a emigración forzada e a tristura deses emigrantes que teñen que deixar todo “canto ben queren” sen saber se volverán velo algún día.
A historia dun galo moi abusón, que abusa das galiñas e dos pitos do seu curral, é a elixida para falar de Ramón Cabanillas. O autor cambadés contouna nun poema do seu libro Vento Mareiro. Queredes coñecela?
Sonia disfrázase do autor e médico de Mondoñedo para recitar uns versos do seu libro Cantares gallegos. Uns son de amor, outros de burla… son moi divertidos! A Leiras Pulpeiro gustáballe escoitar as cantigas que cantaban no campo e tamén as adiviñas. Anotounas en cadernos e así moitas chegaron até nós.
Braulio é o encargado de presentar a Rafael Dieste. Elixe un conto titulado Nova York que o autor rianxeiro incluíu nun dos seus libros máis coñecidos: Nos arquivos do trasno. Narra a historia dun neno intranquilo e algo fachendoso que non deixa xogar os demais
Pili disfrázase de Antón Fraguas para contar uns contos de cobras que o autor oíu de pequeno e transcribiu no libro O que eu sabía das serpes. Hai historias de cobras que rodan coma unha roda, de cobras que hipnotizan e mesmo matan coa mirada.
Luís Seoane era un grande artista: pintaba e escribía moi ben. En Fardel de eisilado conta a aventura dunha familia de emigrantes galegos en terras americanas. Porque Seoane naceu en Bos Aires e aínda que veu de neno para Galicia en 1936 tivo que volver marchar pola guerra. Anos despois volveu e fundou con Díaz Pardo o Laboratorio de Formas onde fixo...
Risco foi un galeguista moi importante ademais dun home moi elegante, así que Braulio ten que pórse traxe, gravata e chapeu para contar quen era. Farao a través dunha obra de teatro, O bufón d´El Rei, que conta a historia dun bufón feo e malvado que, por envexa, quere acabar co amor entre o cabaleiro Guindamar e a raíña Iolanda. Sairase coa súa?
Aínda que naceu en Madrid, Xoán Vicente Viqueira pasou gran parte da súa vida en Galicia. Aquí foi profesor e traballou moito para que nenas e nenos tivesen os mesmos dereitos e falasen o galego. Pero tamén escribiu poesía de namorador, como a que se narra nesta historia e que aparece no seu libro Ensaios e poesías.
Carlos disfrázase de Roberto Vidal Bolaño para ser o narrador da súa obra de teatro Touporroutou da lúa e do sol. Pili e Loli serán as actrices: farán de Sol e de Lúa e contarán por que un día se enfadaron e se separaron para sempre. Vidal Bolaño, ademais de escritor, foi director, actor e mesmo iluminador e axudou a crear o Centro Dramático Galego
Os espantallos no vento é unha obra de teatro de Ramón Otero Pedrayo. Fala dun vello trampón que facendo falcatruadas nas leiras de noite atopa cuns espantallos que confunde con zombis… Cando chega o día, el mesmo é un espantallo! Unha divertida historia que serve para achegarlle á cativada o autor ourensán.
Os trobadores eran persoas que compoñían cantigas que se cantaban hai centos de anos nas celebracións. Na Ría de Vigo houbo tres moi famosos: Martín Codax, Xoán de Cangas e Mendiño. Para coñecelos mellor Sonia disfrázase deste último, porque ten unha cantiga de namorados que lle encanta.
Os Bolechas botan man da fermosa historia do libro Mar adiante (1973), sobre unha escola barco na que as nenas e nenos aprenden e conviven baixo as estrelas e ao ritmo das ondas. Como é habitual, a aventura dos Bolechas enriquécese con textos da obra orixinal e cunha breve biografía da autora que servirá para dala a coñecer entre o público infantil.
Braulio ponse ben elegante para contarnos unha historia escrita por Álvaro Cunqueiro, un dos autores máis destacados da nosa literatura.
Sonia convértese no escritor e historiador Manuel Murguía, máis coñecido por ser o esposo de Rosalía de Castro. Para iso pon unha chistera, que o autor usaba para parecer máis alto, xa que era moi baixiño.
Pili disfrázase de Manuel María para contar unha historia de marionetas que escribiu el. Titúlase Barriga Verde, que era o nome dun teatriño de monicreques que percorría as feiras galegas na época do autor.
Carlos disfrázase de Ánxel Fole. Está acompañado de Chispa porque vai contar unha historia do autor que fala de lobos, e Chispa parece un deles. É un conto que aparece no libro de relatos do escritor lucense Á lus do candil, no que o protagonista é un capador moi fantoche que vai descubrir que non é tan afouto coma pensaba.
Sonia disfrázase de Carlos Casares para contar o seu conto preferido do escritor ourensán: A rapaza do circo, que sae no libro Vento ferido. É unha historia de amor moi bonita entre un neno galego e unha rapaza francesa trapecista que chega á vila co circo. Pero o final é un pouco triste… así que Sonia cambia de disfrace e pon o de xefa de estación,...
Braulio disfrázase de Curros Enríquez para narrar unha das súas historias: O divino sainete. É un conto en verso no que o autor viaxa a Roma para ver o papa León XIII. E vai acompañado dun amigo zombi, que é capitán da Santa Compaña. Que medo! Pero este zombi é moi listo e xunto con Curros, lograrán que o papa renegue das riquezas e das louvanzas...
No primeiro volume, Eduardo Pondal narra a descuberta de América a través dos versos d’Os Eoas. Algúns dos termos máis complexos da obra son explicados ao final a xeito de sinxelo dicionario para permitir unha maior comprensión. A forma máis divertida de coñecer os nosos autores!