Os Bolechas xogan no parque infantil. Vanse botar polo escorregadoiro,...
Adriana pídelles aos Bolechas que lle coiden as súas mascotas mentres...
Anselmo é un veciño dos Bolechas que perdeu a Medulio, o seu camaleón. O...
Con motivo do 20 aniversario, Os Bolechas recuperan catro dos primeiros...
Con motivo do 20 aniversario, Os Bolechas recuperan catro dos primeiros...
Con motivo do 20 aniversario, Os Bolechas recuperan catro dos primeiros...
Xaquín Lorenzo, máis coñecido como Xocas, escribiu moitos artigos e...
Xela Arias escribiu Darío a diario, un libro fermosísimo no que esta...
Luís Pimentel era médico, mais tamén escribía. Un dos seus libros máis...
O Catecismo do labrego é o libro máis famoso do autor ourensán Valentín...
María Mariño empezou a escribir xa de maior, tras coñecer ao poeta Uxío...
Cotarelo Valledor foi profesor da Universidade de Santigo onde tamén...
Loli caracterízase do autor. Nesta ocasión narra a obra Como nasceu a...
Sonia disfrázase da autora para ser a narradora da súa obra de teatro A...
Xaquín Lorenzo, máis coñecido como Xocas, escribiu moitos artigos e libros, como Enredos, no que fala de como eran os xoguetes cos que enredaban as avoas e avós cando eran nenos.
Xela Arias escribiu Darío a diario, un libro fermosísimo no que esta poeta, que tamén foi tradutora e recibiu moitos premios polo seu traballo, fala dunha mamá e o seu bebé, de como se van facendo maiores xuntos.
Luís Pimentel era médico, mais tamén escribía. Un dos seus libros máis coñecidos é Sombra do aire na herba, no que hai unha poesía dedicada a un meniño que se chama Canción das tres cucharas.
O Catecismo do labrego é o libro máis famoso do autor ourensán Valentín Lamas Carvajal,un dos fundadores da Academia Galega e director do xornal O Tío Marcos da Portela. No libro denuncia, en forma de parodia, a situación miserenta na que vivían as xentes labregas de Galicia no século XIX.
María Mariño empezou a escribir xa de maior, tras coñecer ao poeta Uxío Novoneyra. Publicou dous libros de poesía, un deles é Verba que comenza onde hai un poema adicado á viaxe que fai unha pinga de auga.
Cotarelo Valledor foi profesor da Universidade de Santigo onde tamén facía teatro. Presidiu o Seminario de Estudos Galegos e colaboraou coa revista Nós, ademais de escribir varias obras de teatro e libros, como Cancioneiro da Agulla.
Ricardo Carvalho Calero é un autor ferrolá que escribiu moito: poesía, teatro, artigos de prensa, estudos e novelas como Scórpio, que conta a historia dun neno que naceu nun faiado e só tiña á súa nai, así que as veciñas axudábana para sacar adiante a Scórpio.
Carlos disfrázase de Lois Pereiro para ser o narrador do guión televisivo titulado ¿Que é Galicia? Naceu en Monforte, o 16 de febreiro de 1958, o domingo de Entroido. Aos dezasete anos xa recitaba en francés poemas de poetas franceses. Un día prometeulle á súa moza que nunca escribiría en castelán, e así foi. Logo marchou a Madrid e publicou, con outros...
Loli caracterízase do autor. Nesta ocasión narra a obra Como nasceu a cidade de Ourense. Conta como Ourense naceu arredor dunha poza de auga quente. Estudou Farmacia, pero non traballou de farmacéutico, senón de funcionario. Aínda que o que máis lle gustaba era a historia de Galicia. Gustáballe saber como era antes de viren os romanos conquistala ou como...
Sonia disfrázase da autora para ser a narradora da súa obra de teatro A naipeira. Conta a historia dunha muller que aprendeu a ser adiviña para gañar cartos e poder alimentar as súas fillas. Herrera naceu na Coruña en 1869. De moza marchou a Madrid, onde residiu case toda a súa vida, pero pasaba os veráns e o Nadal en Oleiros. Foi a primeira muller que...
Braulio disfrázase de Castelao para contar un dos contos do xenial escritor e debuxante: Peito de Lobo. É a historia dun cabezulo deses que desfilan nas festas acompañados de xigantes. Aínda que Castelao ten moitos libros famosísimos... tamén de debuxos!
Sonia disfrázase de Antonio Noriega Varela para recitar uns versos dedicados a Calvos de Randín, un concello próximo a Portugal onde o autor estivo de mestre moito tempo. Alí falaba moito coas xentes do campo, sobre as que escribiu en varios libros, como D ́o ermo ou Como falan os brañegos.
O escritor, xornalista e profesor Aquilino Iglesia Alvariño escribiu un poema sobre unha lúa moi brincadora e namoradeira: A noiva braca da lúa. E os Bolechas botan man desta fermosa historia para dar a coñecer o autor de Abadín.
Un dos poemas máis coñecidos do libro Cantares Gallegos, de Rosalía, serve para achegarnos a unha das poetas máis importantes do mundo. Nel, a autora denuncia a emigración forzada e a tristura deses emigrantes que teñen que deixar todo “canto ben queren” sen saber se volverán velo algún día.
A historia dun galo moi abusón, que abusa das galiñas e dos pitos do seu curral, é a elixida para falar de Ramón Cabanillas. O autor cambadés contouna nun poema do seu libro Vento Mareiro. Queredes coñecela?
Sonia disfrázase do autor e médico de Mondoñedo para recitar uns versos do seu libro Cantares gallegos. Uns son de amor, outros de burla… son moi divertidos! A Leiras Pulpeiro gustáballe escoitar as cantigas que cantaban no campo e tamén as adiviñas. Anotounas en cadernos e así moitas chegaron até nós.
Braulio é o encargado de presentar a Rafael Dieste. Elixe un conto titulado Nova York que o autor rianxeiro incluíu nun dos seus libros máis coñecidos: Nos arquivos do trasno. Narra a historia dun neno intranquilo e algo fachendoso que non deixa xogar os demais
Pili disfrázase de Antón Fraguas para contar uns contos de cobras que o autor oíu de pequeno e transcribiu no libro O que eu sabía das serpes. Hai historias de cobras que rodan coma unha roda, de cobras que hipnotizan e mesmo matan coa mirada.
Luís Seoane era un grande artista: pintaba e escribía moi ben. En Fardel de eisilado conta a aventura dunha familia de emigrantes galegos en terras americanas. Porque Seoane naceu en Bos Aires e aínda que veu de neno para Galicia en 1936 tivo que volver marchar pola guerra. Anos despois volveu e fundou con Díaz Pardo o Laboratorio de Formas onde fixo...
Risco foi un galeguista moi importante ademais dun home moi elegante, así que Braulio ten que pórse traxe, gravata e chapeu para contar quen era. Farao a través dunha obra de teatro, O bufón d´El Rei, que conta a historia dun bufón feo e malvado que, por envexa, quere acabar co amor entre o cabaleiro Guindamar e a raíña Iolanda. Sairase coa súa?
Aínda que naceu en Madrid, Xoán Vicente Viqueira pasou gran parte da súa vida en Galicia. Aquí foi profesor e traballou moito para que nenas e nenos tivesen os mesmos dereitos e falasen o galego. Pero tamén escribiu poesía de namorador, como a que se narra nesta historia e que aparece no seu libro Ensaios e poesías.