Pictogramas de fácil lectura


A Biblioteca Básica Os Bolechas incorpora pictogramas de fácil lectura, imaxes que representan palabras ou ideas e que permiten seguir a historia máis facilmente, estimulando a atención e a imaxinación. Os pictogramas son composicións moi simples de palabras e debuxos ou signos que van nun recadro de cor amarela se o contido fai referencia a un nome, verde para os verbos e azul para adxectivos e adverbios.

Trátase dun recurso educativo de gran valor, xa que resume a información, mellora a atención e a motivación, apoia certas destrezas de expresión oral e escrita e axuda á comprensión lectora e a construír conceptos. Son moi axeitados para lectores noveis ou para persoas con dificultades para accederen á lectura.

Un recurso educativo que:

  • Resume a información
  • Mellora a atención e a motivación
  • Apoia certas destrezas de expresión oral e escrita
  • Axuda á comprensión lectora e a construír conceptos
  • Axeitados para lectores noveis ou para persoas con dificultades para accederen á lectura

Este recurso pedagóxico vai sinalizado nos libros cun logotipo propio.