Bases do concurso



CONVOCATORIA

Edicións Bolanda, S.L., empresa propietaria da marca dos Bolechas, con domicilio social en rúa Preguntoiro, 36 - 1º, 15704, Santiago de Compostela, con CIF B15969066, organiza un CONCURSO DE DEBUXO denominado “OS BOLECHAS. Historias do teu cole”.

BASES DO CONCURSO

1. PARTICIPANTES

1.1 Poderán participar nenos até os 12 anos de idade (no momento da participación), que se dividirán en tres grupos/categorías:

    • CATEGORÍA A: Nenas/os de até 5 anos
    • CATEGORÍA B: Nenas/os de 6 a 8 anos
    • CATEGORÍA C: Nenas/os de 9 a 12 anos

1.2 Cada nena ou neno poderá facer cantos debuxos queira e participar con todos eles. Cada debuxo aparecerá co “alias do artista” ou “usuario” que o neno introduza no inicio, a súa idade, a súa localidade e o centro de educación ao que pertence. En ningún momento o menor de idade facilitará datos de carácter persoal. Este nome, xunto co debuxo, pasarán unha aprobación previa á súa publicación, para comprobar que os devanditos elementos son válidos para a publicación, non resultan daniños ou ofensivos, e que cumpren coas presentes bases legais. Unha vez pasada a aprobación, será incorporado á galería de imaxes dentro da categoría de idade correspondente. O participante poderá ver os seus debuxos, con axuda dun buscador, mediante o seu nome de “usuario” ou “alias do artista”.

1.3 Cada debuxo debe ser totalmente orixinal e creado en exclusiva para este concurso. Todos os debuxos deberán ser realizados coas ferramentas que ofrece o sistema informático. Non serán aceptados os debuxos que non fosen realizados por estes medios. Descartarase calquera debuxo que non cumpra con estas especificacións. O debuxo entrará en aprobación para concursar tras un rexistro obrigatorio e tras a previa aceptación das bases que regulan a participación no mesmo.

1.4 Só poderán participar nenas e nenos residentes en territorio galego.

*Co obxectivo de fomentar a integración social, realizaranse excepcións en canto ao límite máximo de idade para posibles participantes que, sendo menores de idade, superen o límite máximo de participación por idade, sempre que os seus pais, nais ou titores legais poidan acreditar a existencia de algún tipo de minusvalía psíquica. Esta excepción estudarase en cada caso individualmente.


2. PRESENTACIÓN DO DEBUXO AO CONCURSO

2.1 Poderase participar no concurso desde o 10 de novembro de 2015 até o día 11 de decembro de 2015.

2.2 Para poder participar no concurso é necesario entrar na web www.osbolechas.gal/cole.

2.3 No formulario de rexistro dos participantes, os nenos só achegarán o seu alcume ou alias do artista, a súa idade, a súa localidade e o seu centro educativo. Para o rexistro completo do concurso, por ser os participantes menores de idade, deberase facilitar os datos persoais (nome completo, dirección, email, teléfono…) do pai, nai ou titor/a legal, ao que se lle enviará a confirmación do rexistro e co que tamén se realizarán o resto de comunicacións derivadas da participación na promoción.

2.4 Ao formalizar o rexistro e aceptar as presentes bases, autorízase a publicación do debuxo na web sen necesidade de recibir confirmación previa.


3. SORTEOS E PREMIOS

3.1 Os premios que se outorgarán neste concurso serán os seguintes:

SORTEO SEMANAL para cada unha das categorías. Haberá un gañador por categoría de idade. Sortearanse todas as semanas un lote de libros formado por un curso de inglés dos Bolechas “One2Three” máis unha maleta dos Bolechas. O sorteo nesta modalidade realizarase todos os luns, ás 10:00 horas, cos debuxos que participen a semana anterior, é dicir, todos os debuxos que se realicen dun luns ás 10:01 h até o vindeiro luns ás 9:59 horas. Cada neno poderá realizar tantos debuxos como desexe ao longo da semana. Cantos máis debuxos, máis posibilidades de levar premio. Cada luns realizaranse tres sorteos, un por categoría.

GRAN PREMIO FINAL. Neste sorteo participarán todos os debuxos realizados desde o día 10 de novembro ao 11 de decembro de 2015, independentemente de que xa fosen gañadores dalgún sorteo semanal. Para cada unha das categorías haberá tres finalistas. Os premios deste sorteo serán os seguintes:

Categoría A: Primeiro finalista: un televisor SONY Led R40 C 32” para a nena/neno gañador, e un tablet Blusens Touch 97 QR 9,7"para o seu centro escolar. Segundo finalista: un tablet Blusens Touch 97 QR 9,7" para a nena/neno. Terceiro finalista: biclicleta bike*star 30.5cm (12 polgadas) cor laranxa. Marco de tubo de aceiro moi estable con pintura metálica resistente ao impacto. Bóla de rodamento con sistema de dirección regulable en altura e o guiador en ángulo de inclinación. Deseño ergonómico e regulable en altura e ángulo de inclinación do asento para nenos. Freo de Coaster - unha necesidade para cada neno. Inclúe rodas adestramento e o caballete lateral.

Categoría B: Primeiro finalista: un televisor SONY Led R40 C 32” para o nena/neno gañador e un tablet Blusens Touch 97 QR 9,7" para o seu centro escolar. Segundo finalista: un tablet Blusens Touch 97 QR 9,7" para a nena/neno. Terceiro finalista: biclicleta Woodworm BXI - Bicicleta de montaña, 20 in, multicolor

Categoría C: Primeiro finalista: un televisor Sony SONY Led R40 C 32” para a nena/neno gañador e un tablet Bluesens Touch 97 QR 9,7"para o seu centro escolar. Segundo finalista: un Tablet Blusens Touch 97 QR 9,7"para a nena/neno. Terceiro finalista: Bikesport PARALLAX. Bicicleta de montaña con dobre suspensión. Roda: 26. Cadro: aceiro; tamaño: 50 cm. Pinza: suspensión. Cambios: Shimano 21 velocidades. Freos: V-brake. Vén practicamente montada na caixa, só hai que fixar os pedais e a roda dianteira.

SUPER-GRAN PREMIO FINAL de 1.000 €, que se sorteará entre os primeiros finalistas de cada unha das categorías. Este premio é única e exclusivamente para o centro de educación ao que pertenza a nena ou neno premiado, e que deberá acreditar. O premio está suxeito ás retencións fiscais marcadas pola lei, cuxa responsabilidade corresponde ao premiado e ao que é allea Edicións Bolanda, S.L. Este premio farase efectivo nun prazo máximo de 120 días, unha vez finalizado o mes da data do concurso. Este premio pagaranse exclusivamente mediante transferencia bancaria ou cheque nominativo, unha vez deducida a retención. Así mesmo, establécense dous premios, dúas Tablet Blusens Touch 97 QR 9,7" (unha para cada centro), para os dous centros escolares que rexistren máis participantes.

A data do fallo do xurado para o premio final anunciarase na web do concurso, estando prevista para a semana final do concurso (mediados de decembro).

3.2 Ningún dos premios poderán trocarse polo seu valor en metálico.

3.3 O envío dos premios diarios, semanais e finais realizarase nun prazo de 30 días desde que se confirme a aceptación do premio por parte do gañador. Todos os envíos dos premios son gratuítos para os gañadores.

3.4. Características do premio tablet Android:

• Conexión Wi-Fi 802.11 b/g/n

• Conexión Bluetooth 4.0 + A2DP

• CPU RK3188 de catro núcleos Cortex A9 - 1,8 GHz

• RAM: 2 GB DDR3

• GPU Quad-Core Mali 400 MP4

• Memoria flash interna de 16 GB

• Android 4.2 Jelly Bean

• Google Play, comunidade con miles de aplicacións e xogos gratuítos e de pago

• Soporta HTML5

• Navegador Web libre e correo electrónico

• Cámara posterior de 2.0 Mpx e webcam frontal

• Sensor de movemento e auto rotación de pantalla (acelerómetro 360º).

• Soporta arquivos HD en formato H264/MKV

• Soporta Modem USB 3G externo (non incl.)

Pantalla

• Pantalla ULTRA-HD de 9,7” multi-táctil capacitiva de 10 puntos

• Resolución: 2048 x 1536 Pixels (4:3)

Autonomía da batería

• Batería LIPO de 8.000mAh

• +8 Horas

Entradas /Saídas

• Porto micro-USB 2.0 de alta velocidade

• Saída HDMI 1.4 FULL HD 1080p (Dual Display)

• Lector de cartóns Micro-SD,(2, 4GB), SDHC, (8, 16, 32GB).

• Altofalante, micrófono, saída de audio para auriculares


4. DINÁMICA DO CONCURSO / SELECCIÓN DE GAÑADORES.

4.1 A cada un dos debuxos participantes adxudicaráselle unha numeración concreta e entrarase a formar parte de dúas bases de datos diferentes: unha conterá os debuxos recibidos durante a semana entrante e outra todos os debuxos recibidos durante a duración do concurso. Todos os luns ás 10:00 horas e mediante un programa informático elexirase de maneira aleatoria os ganadores do concurso semanal entre os incluídos na base de datos da semana correspondente. Do mesmo xeito, elixirase os ganadores dos premios finais (GRAN PREMIO FINAL e SÚPER PREMIO FINAL) entre todos os participantes no concurso e con data de 14 de decembro de 2015.

4.2 Contactarase cos gañadores vía email e/ou teléfono. No caso de non obter resposta nun período de 10 días hábiles, os premios quedarán desertos.

4.3 O nome dos gañadores será publicado na web do concurso.

4.4 Todos os debuxos e todos os participantes participarán no gran premio final.


5. DEREITOS DE IMAXE E PROPIEDADE INTELECTUAL.

5.1. Edicións Bolanda, S.L. para o desenvolvemento deste concurso, non pedirá datos persoais nin doutro tipo (só a idade e localidade), de ningún menor de idade. Os datos persoais solicitados serán dun maior de idade, pai, nai ou titor legal do menor, e en ningún momento serán publicados nin cedidos a terceiros.

5.2 Tendo en conta a minoría de idade dos participantes na presente promoción, os legais representantes e/ou titulares da patria potestade dos participantes, sexan finalmente gañadores ou non, manifestan que (I) os debuxos presentados son orixinais e que os conceptos e/ou elaboracións creativas que os compoñen non foron realizados por terceiras persoas non participantes no concurso, e (II) non infrinxen dereitos de terceiros. No caso de que algún terceiro reclamase dereitos de autor sobre algún dos debuxos presentados polos participantes no concurso, Edicións Bolanda, S.L. quedará exonerada de toda responsabilidade.

5.3 Os pais ou representantes legais de todos os participantes, sexan finalmente gañadores ou non (sorteos, concurso, participación), autorizan a Edicións Bolanda, S.L. a difundir os debuxos e utilizar o seu propio nome e apelidos en calquera actividade publicitaria e/ou promocional, en calquera soporte, incluída a televisión, que estea relacionada co Concurso de Debuxo ou actividades afíns, sen que ditas actividades lles dean dereito de remuneración ou beneficio algún, con excepción feita da entrega do premio gañado, no seu caso, conforme a estas Bases, durante un período de cinco anos desde a publicación dos gañadores.

5.4 Os pais ou representantes legais de todos os participantes, sexan finalmente gañadores ou non, e que suban debuxos á web, autorizan a Edicións Bolanda, S.L. a publicar nos medios que considere oportuno todos os debuxos cedidos, durante un período cinco anos desde a publicación dos gañadores.

5.5 Os pais ou representantes legais dos gañadores do concurso ceden a Edicións Bolanda, S.L., con carácter de exclusiva e sen limitacións de ningún tipo, todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial para o uso, reprodución e explotación dos debuxos gañadores ou non do concurso. Como consecuencia da cesión dos dereitos de explotación, corresponde a Edicións Bolanda, S.L. o exercicio exclusivo dos dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación a través de calquera medio, dos debuxos, gañadores ou non, do concurso. A cesión de dereitos indicada realízase sen límite xeográfico e durante un período de cinco anos desde a publicación dos gañadores.

5.6. Os pais ou representantes legais de todos os participantes ceden así mesmo a Edicións Bolanda, S.L., da mesma forma e coa mesma extensión, o dereito de transformación mediante calquera modificación na súa forma, incluíndo a autorización para a creación de obras compostas.

5.7 Os dereitos cedidos poderán exercitarse sobre a totalidade ou parte da obra, sen ningún tipo de limitación.

5.8 As cesións anteriores enténdense realizadas a título gratuíto.

5.9 Os pais ou representantes legais dos participantes manifestan e garanten que os debuxos incluídos no editor, e a cesión que ten lugar como consecuencia da participación na PROMOCIÓN-CONCURSO, non infrinxen dereitos de terceiros, en particular, non infrinxen dereitos de propiedade intelectual ou industrial, dereitos sobre a propia imaxe, dereitos sobre os datos persoais, nin son contrarios á lei nin aos bos costumes; e que manterán indemne a Edicións Bolanda, S.L., e a calquera terceiro que actúe por encargo destes, por calquera reclamación das que sexa obxecto por devandita causa.

5.10 Edicións Bolanda, S.L. resérvase o dereito de non publicar calquera debuxo cuxo contido non estea relacionado coa promoción ou calquera debuxo cuxa autoría se sospeite que non sexa do neno rexistrado.


6. OUTRAS CONSIDERACIÓNS

6.1 Edicións Bolanda, S.L. resérvase o dereito a modificar en calquera momento as condicións do concurso, mesmo a súa posible anulación antes do prazo prefixado, sempre que concorra causa xusta, comprometéndose a comunicar as novas bases, condicións do concurso ou a anulación definitiva.

6.2 Edicións Bolanda, S.L. resérvase a posibilidade de non exercitar ou facer uso dos dereitos cedidos, de forma que pode decidir á súa enteira discreción a non difusión ou publicación dos debuxos participantes, mesmo dos gañadores do concurso. O anterior, sen prexuízo de que os gañadores do sorteo e do concurso recibirán, en calquera caso, o premio correspondente.

6.3 Edicións Bolanda, S.L. nin terceiros autorizados por esta asumirán ningunha responsabilidade derivada dun funcionamento inadecuado ou irregular das redes de comunicación electrónicas que impidan o normal desenvolvemento da PROMOCIÓN e que teña a súa orixe en causas alleas a Edicións Bolanda, S.L. ou terceiros autorizados por esta (sexan ou non imputables a un terceiro de mala fe).

6.4 Edicións Bolanda, S.L. nin terceiros autorizados por esta tampouco serán responsables polos problemas de transmisión ou perda de datos non imputables a estes.

6.5 Calquera utilización abusiva ou fraudulenta destas Bases dará lugar á consecuente descualificación do participante na PROMOCIÓN. Entenderase, a título enunciativo pero non limitativo, que se produce abuso ou fraude, cando un participante se rexistre no site utilizando unha identidade falsa ou identidades de terceiros sen o seu consentimento.

6.6 Todos os datos persoais que faciliten os interesados para participar nesta promoción pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado responsabilidade de Edicións Bolanda, S.L. Estes utilizásense coa finalidade de xestionar a súa participación no concurso, informar doutros concursos, promocións e produtos pertencentes a Edicións Bolanda, S.L., realizar enquisas de satisfacción, atender as súas consultas, suxestións e reclamacións, así como para comunicacións publicitarias, mesmo vía correo electrónico.

6.7 No caso de que os participantes desexen exercer sobre os seus datos persoais os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, poderán facelo mediante escrito dirixido a: Edicións Bolanda, S.L., Preguntoiro, 36 - 1º, 15704, Santiago de Compostela, indicando a referencia “Concurso de debuxo Os Bolechas. Historias do meu cole”. Para o exercicio de tales dereitos o interesado, dada a súa minoría de idade, deberá facelo a través do seu representante legal, que adicionalmente deberá enviar fotocopia do DNI do mesmo, así como de documentación acreditativa da súa condición de representante legal do interesado.

6.8 O período de reclamación da presente PROMOCIÓN finalizará trinta (30) días naturais despois da súa finalización. É dicir, finalizará o día 12 de xaneiro de 2016.

6.9 Participar nesta promoción leva a aceptación íntegra polos participantes destas bases.

6.10 Edicións Bolanda, S.L. resérvase o dereito de non permitir a participación de calquera persoa cando estime que a mesma realiza un mal uso ou uso fraudulento desta promoción, mediante calquera procedemento técnico, informático ou doutro tipo.

6.11 Edicións Bolanda, S.L. non se responsabiliza das posibles perdas, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros ou a Internet que poida afectar á participación e desenvolvemento do presente concurso.

6.12 A resolución de toda desavinza na interpretación e cumprimento destas bases será sometida por Edicións Bolanda, S.L. e/ou os participantes, con renuncia expresa ao foro que puidese corresponderlles, á xurisdición dos Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.

6.13 Bases depositadas ante o excenlentísimo Sr. Notario D. Manuel Fidalgo Paz, de Santiago de Compostela.



Ediciones Bolanda