Sorteo




CONCURSO LOTE DE LIBROS "OS BOLECHAS VAN ÁS OLIMPÍADAS"

1.- Compañía organizadora

Edicións Bolanda, S.L., empresa editora dos Bolechas, con domicilio social en Rúa Preguntoiro, 36 - 1º, 15704, Santiago de Compostela (A Coruña), con CIF B15969066 organiza un CONCURSO denominado "OS BOLECHAS VAN ÁS OLIMPÍADAS" a través da súa web e vinculado ao seu novo espectáculo.


2.- Duración e ámbito

O concurso desenvolverase de forma paralela á actividade/espectáculo "OS BOLECHAS VAN ÁS OLIMPÍADAS" que percorrerá distintas poboacións galegas ao longo do ano 2016, e os premios resolveranse por sorteo.

Por causas de forza maior, causa extraordinaria xustificada e razoable ou por imperativos legais, EDICIÓNS BOLANDA, S.L. poderá decidir en calquera momento a interrupción e/ou finalización anticipada deste concurso.

O concurso esta orientado ao público galego, polo que o ámbito xeográfico redúcese a Galicia. O premiado recibirá o seu premio nun punto de Galicia de forma gratuíta. De todos os xeitos, poderá participar no concurso calquera persoa sen limitacións xeográficas, aínda que cómpre sinalar que se o premiado non fose de Galicia ou solicitase que o seu premio fose enviado a un punto fóra de Galicia, este correrá cos custos de envío do premio.


3.- Forma de participación e mecánica da promoción

"OS BOLECHAS VAN ÁS OLIMPÍADAS" é un concurso que se realiza a través da web e na que o concursante ten opción de gañar un lote de libros dos Bolechas formado por 5 libros. Se o concursante responde correctamente a pregunta clave feita no transcurso do espectáculo poderá dobrar o premio.

Optarán ao premio da presente promoción todas aquelas persoas maiores de 18 anos que cumprimenten todos os datos solicitados na plataforma do concurso e que se lle solicitarán:

  • - Nome e apelidos
  • - Teléfono e correo electrónico de contacto
  • - Domicilio, cidade e código postal

As inscricións debidamente cumprimentadas serán numeradas por orde de recepción. Consideraranse como nulas, a efectos da súa participación no sorteo, aquelas inscricións que non faciliten a totalidade dos datos persoais requiridos. Os datos persoais facilitados deberán ser veraces; en caso de falsidade, erro ou inexactitude, os solicitantes consideraranse automaticamente non admitidos no sorteo.


4.- Idades dos participantes

Poderán participar na promoción todas aquelas persoas maiores de 18 anos con residencia en Galicia. No caso dos menores de idade, necesitarán o consentimento expreso dos seus pais/nais/titores para a participación na presente promoción, así como para a cesión dos dereitos para o tratamento dos datos do menor, asumindo aqueles calquera responsabilidade que puidese derivarse da participación do menor na promoción.


5.- Premio, sorteo e entrega do premio

O premio do concurso será un lote de libros dos Bolechas. O número de libros que formen o lote será de 5 unidades. Se o concursante estivo nalgún espectáculo e responde correctamente a pregunta clave, o lote de libros estará composto por 10 unidades. A plataforma web do concurso xa facilita estas dúas opcións de participación.

Consideraranse como nulas, a efectos da súa participación no sorteo, aquelas inscricións que non faciliten a totalidade dos datos persoais. Os datos persoais facilitados deberán ser veraces; en caso de falsidade, erro ou inexactitude, os solicitantes consideraranse automaticamente non admitidos no sorteo.

Celebraranse tantos sorteos como espectáculos se realicen nas distintas localidades galegas. Por tanto, por cada espectáculo que se realice, sortearase un lote de libros. As datas dos espectáculos e, por tanto, dos sorteos poderanse consultar na sección axenda da propia web. Un concursante pode participar tantas veces como desexe, independentemente de se asiste ao espectáculo ou non.

Por temas loxísticos e de mecánica, os sorteos realizaranse mensualmente. Realizaranse todos xuntos no último día laborable de cada mes. Ese día sortearanse tantos lotes de libros como espectáculos houbese ao longo dese mes. Tras o sorteo contactarase co gañador para a aceptación do premio, vía telefónica ou por email, e deberán facilitar a Edicións Bolanda, S.L. o seu D.N.I. e confirmar o seu domicilio actual, así como a aceptación do premio, para a súa remisión do lote de libros.

En ningún caso poderá substituírse o premio polo seu valor económico, nin poderá cederse a outra persoa distinta do gañador. Os títulos dos libros son decisión de Edicións Bolanda, S.L. e en ningún casos poderán substituírse por outros.

Edicións Bolanda, S.L. resérvase o dereito de que o premio quede deserto, no caso de que nin os participantes agraciados nin ningún dos suplentes cumpran os requisitos citados nestas bases.

O dereito ao premio caducará aos 10 días da data de celebración do sorteo, sempre que medie intento de entrega no domicilio indicado.

Os premios serán remitidos por unha entrega personalizada nun prazo de 30 días laborables. O porte é gratuíto só para o ámbito territorial de Galicia.


6.- Reservas e limitacións

Entenderase, a título enunciativo pero non limitativo, que se produce fraude, cando se detecta o suposto uso de aplicacións independentes ao website; a realización dun abuso de consultas ao servidor e todos aqueles comportamentos que poidan resultar aparentemente abusivos e/ou mal intencionados.

A constatación de calquera destas circunstancias durante o concurso suporá a descualificación automática do concurso así como a perda do premio se se lle tivera outorgado

Edicións Bolanda, S.L. queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos propios agraciados que impida a súa identificación

Igualmente, non se responsabiliza das posibles perdas, deterioracións, roubos ou calquera outra circunstancia imputable a correos que poidan afectar o envío dos premios.

Edicións Bolanda, S.L. resérvase o dereito de emprender accións xudiciais contra aquelas persoas que realicen calquera tipo de acto susceptible de ser considerado manipulación ou falsificación do concurso.

Edicións Bolanda, S.L. exclúe calquera responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta temporal de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento dos servizos mediante os que se participa na promoción, á defraudación da utilidade que os usuarios puideran atribuír aos mesmos e, en particular, aínda que non de modo exclusivo, aos erros no acceso ás distintas páxinas e envíos de respostas de participación a través de Internet.

Edicións Bolanda, S.L. resérvase o dereito a efectuar cambios que redunden no bo fin do concurso cando concorra causa xusta ou motivos de forza maior que impidan levala a termo na forma en que recollen as presentes bases.

Edicións Bolanda, S.L. resérvase o dereito a aprazar ou ampliar o período do concurso, así como a facultade de interpretar as presentes bases legais.

Así mesmo, a empresa organizadora quedará exenta de toda responsabilidade se concorrera algún dos casos sinalados, así como de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que puidesen ocasionarse durante o goce do premio.


7.- Protección de datos

Os datos fornecidos polos participantes serán tratados confidencialmente e recompilados nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal, sendo Edicións Bolanda, S.L. titular e responsable de devandito ficheiro, con domicilio social en Preguntoiro , 36 - 1º, cuxa finalidade será a xestión do presente sorteo.

Edicións Bolanda, S.L. garante o cumprimento íntegro da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal no tratamento dos datos persoais recollidos no presente CONCURSO, en especial polo que se refire á atención do exercicio dos dereitos de información, acceso, rectificación, oposición e cancelación de datos persoais dos concursantes.


8.- Aceptación das bases.

A simple participación no concurso implica a aceptación das presentes Bases, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas implicará a exclusión do participante e, como consecuencia diso, Edicións Bolanda, S.L. quedará liberada do cumprimento da obrigación contraída con devandito participante.