• Tatá

    É o máis pequeno da familia (9 meses). Aínda non fala nin anda. É un bebé serio e curioso, pouco dado ás cousas propias da súa idade; a súa compañía inseparable é o chupete; lévase ben con Chispa, probablemente porque ningún dos dous fala.

    Partida contra SALADINA

    Xogar con Tatá
  • Braulio

    É o terceiro en idade (5 anos). É tímido e non se deixa ver nu nin na intimidade. É o máis cerebral dos irmáns e algo despistado; gústanlle os instrumentos de música e os ordenadores, ademais doutros xoguetes de tipo “científico”.

    Partida contra LISARDO

    Xogar con Braulio
  • Sonia

    É a cuarta en idade (3 anos). É caprichosa, un pouco "maruxa" e algo contista e acusona. Ten moitos mimos e gústanlle as princesas e andar con cousas de mulleres adultas: bolsos, zapatos de tacón, barra de labios. Os seus xoguetes favoritos son os relacionados cos salóns de peiteado e a estética.

    Partida contra BALBINA

    Xogar con Sonia
  • Pili

    É parecida á súa irmá xemelga pero un pouco máis seria. Gústanlle os oficios asociados tradicionalmente co mundo masculino: mecánica de automoción, carpintaría etc.

    Partida contra MARCELO

    Xogar con Pili
  • Loli

    Xunto con Pili, a súa irmá xemelga, é a segunda en idade (uns 6 anos); é inqueda, activa, positiva e un pouquiño frívola; xoga tanto con coches teledirixidos coma con bonecas.

    Partida contra SARELA

    Xogar con Loli
  • Carlos

    É o irmán maior. Ten 7 anos e é, por tanto, o máis responsable e o que fai fronte ás situacións máis comprometidas, aínda que non sen medo. É o que máis relación ten con Chispa, o can da serie; é moi comellón, algo bruto e os seus xoguetes favoritos son os bonecos tipo “Supermúsculos”.

    Partida contra YING

    Xogar con Carlos
  • Chispa

    É o irmán maior. Ten 7 anos e é, por tanto, o máis responsable e o que fai fronte ás situacións máis comprometidas, aínda que non sen medo. É o que máis relación ten con Chispa, o can da serie; é moi comellón, algo bruto e os seus xoguetes favoritos son os bonecos tipo “Supermúsculos”.

    Partida contra FUSCO

    Xogar con Chispa