Un xogador
vai pasando a frecha para elixir o personaxe Bolechas que queres ser e trata de gañarlle ao teu contrincante poñendo as túas tres pezas en liña. Podes poñelas en horizontal, vertical ou diagonal pero… coidado! Terás que evitar que o contrincante coloque as súas primeiro.
Dous xogadores
Cada un elixe o personaxe que quere ser e vai poñendo unha ficha en cada quenda tratando de colocar tres en liña e evitando ao mesmo tempo que as coloque o contrincante.