A Muuulecha


A Muuulecha é un dos accesorios máis demandados dos Bolechas que sorprende polas súas grandes prestacións: trátase dunha maleta, un xoguete e un cómodo transporte para os máis pequenos.

A maleta permite gardar xoguetes, contos e todos os grandes “tesouros” dos cativos e, por suposto, a roupa e os obxectos necesarios á hora de viaxar. Con ela as nenas e nenos aprenderán a preparar calquera viaxe e a facerse responsables das súas cousas dun xeito divertido. E grazas á súa estrutura ríxida, á súa forma e ás rodas que incorpora, os cativos non só poderán transportar as súas cousas, senón que eles mesmos poderán “viaxar” neste formidábel vehículo empuxándose cos pés ou deixándose levar comodamente por outra persoa, grazas á correa multifunción. Moverse nos aeroportos e estacións será moito máis doado e as esperas moito máis divertidas!

Ademais, a súa forma de vaca e as múltiples opcións que ofrece farán da Muuulecha un dos xoguetes preferidos das nenas e nenos.

Se queres facerte con ela pregunta na túa libraría habitual ou chama ao teléfono dos Bolechas: 902 18 20 10.