Onte fun a visitar o meu irmán,
el non fala, é como Tatá,
non lle gusta a xente cando o miran mal, así é meu irmán.
Ríome con el cada día.
Aprendo cousas que non sabía,
o seu amor é incondicional, así é meu irmán.
Creo na xente diferente, ti para min es importante, a vida vai rapidamente,
quero contigo tódolos instantes.
Prefiro só a túa compaña, os teus muros e montañas, túa forza na batalla.
Cáeme a baba cando lle cae a el,
e se se cae, el vólvese erguer,
ten máis forza que moitos de nós, así é meu irmán.
Ríome con el cada día.
Aprendo cousas que non sabía,
o seu amor é incondicional, así é meu irmán.
Creo na xente diferente, ti para min es importante,
a vida vai rapidamente, quero contigo tódolos instantes.
Prefiro só a túa compaña, os teus muros e montañas, túa forza na batalla.
A túa forza na batalla.