Esta é a nosa casa, esta é a nosa terra,
reunímonos en familia para ver os Bolechas.
Érgome moi cedo, lavo a cara,
xa estou preparada,
axúdolle a mamá a face-las camas (é moi sinxelo!)
coido do meu irmán pequeno (sempre!)
aínda non sabe andar, na cociña axúdolle a papá (que ben cociña)
o meu avó foi a pescar, a miña avoa foi camiñar,
eu voulle dar de comer o can… guau guau guau (vamos!).
Esta é a nosa casa, esta é a nosa terra,
reunímonos en familia para ver os Bolechas.
Falamos todos en galego, nin o can fala en castelán,
somos rebeldes ata que nos dan as dez (a durmir!).
E cando soa esta canción levantámo-lo mentón e poñémo-la mirada en alto,
na camiña convertémonos en anxos (iso é!).
Que ben se está cando non se está mal,
que mal se está cando non se está ben,
e cantaremos todos xuntos… (como di?!)
Esta é a nosa casa, esta é a nosa terra,
reunímonos en familia para ver os Bolechas.
Esta é a nosa casa, esta é a nosa terra,
reunímonos en familia para ver os Bolechas, para ver os Bolechas!
Os Bolechas son parte do meu corazón,
os Bolechas son parte do meu corazón,
os Bolechas son parte do meu corazón…
Os Bolechas son, os Bolechas son, os Bolechas son, os Bolechas son…
parte do meu corazón…