Hai momentos que ferven o sangue,
momentos que chegan ó corazón,
momentos que quitan o alento, e a respiración.
Momentos que curan a mente,
instantes que non entran en razón,
momentos que pagan a pena, que pagan a pena.
Momentos que disfrutarás,
momentos que repetirás,
so ti decidirás, ti tes o poder.
Hai momentos que aínda non vivín (Monoulious DOP!)
momentos que quero ver xunto a ti.
De momento son pequeno,
teño moito que aprender,
esta vida é moi longa,
non deixes de facer.
BIS
Tódolos instantes poden ser eternos,
os momentos poden ser perfectos
cando a vida empeza a soar… Monoulious DOP!
Hai momentos para sorrir,
hai momentos para bailar,
momentos para vivir e para soñar.
Momentos que son para ti,
momentos para os demais,
instantes para brindar e para cantar.
Hai momentos que nunca esquecerás,
momentos que quero ver xunto a ti.
De momento son pequeno,
teño moito que aprender,
esta vida é moi longa,
non deixes de facer.
BIS