Os Bolechas pérdense facendo o Camiño de Santiago e van parar á pousada de Eustaquio, a quen non lle gustan as visitas inesperadas. Os Bolechas están cansos e precisan axuda para volver ao camiño, así que Eustaquio aproveitará a presenza dos irmáns para probar un taboleiro de xogo que leva anos construíndo. Se o axudan, diralles como continuar a súa ruta. Así que aos irmáns non lles queda máis remedio que participar no xogo que ten probas teóricas e prácticas. E, para iso, van precisar toda a axuda posible. Tamén a do público…
Unha vez máis Os Bolechas botan man dunha proposta divertida que ten, á súa vez, un compoñente didáctico, neste caso relacionado coa nosa comunidade. Os irmáns pérdense facendo unha etapa do Camiño de Santiago por Galicia, así que as probas que terán que pasar estarán relacionadas dalgún xeito con esta comunidade. Ao tempo, como soe ser habitual nesta proposta, trátase de fomentar hábitos saudables entre a cativada, de aí que se inclúan divertidas probas físicas e de habilidade que tamén estarán relacionadas con Galicia. E, como non podía ser doutro xeito, no noso idioma, de forma que aprendan e se divirtan na lingua propia, a que usan sempre os Bolechas, e que permitirá ás cativas e cativos galegos gozar dun momento inesquecible cos seus personaxes favoritos.
O espectáculo mistura o formato de monicreques manipulados por actores á vista con actores reais, neste caso Eustaquio, que fai de contrapunto aos Bolechas. Aínda que os verdadeiros protagonistas da historia son, como é habitual, as nenas e nenos que participan na actividade, especialmente pensada para estudantes de educación infantil e primaria. Non obstante, coma sempre, as propostas dos Bolechas están pensadas para que goce toda a familia, desde o ano ata… os cen!
A entrada é gratuíta ata completar a capacidade do espazo onde se desenvolva a actividade en cada localidade. A duración media da función está arredor dos 60 minutos.