Información para nais, pais e educadores

O entroido é unha das festas máis tradicionais da nosa comunidade, con múltiples variantes segundo o lugar. E é tamén unha das preferidas polos máis novos, de aí a facilidade para aproveitar este interese e traballar múltiples aspectos formativos: historia, xeografía, tradición, valores, música, gastronomía, plástica… As posibilidades son case infinitas pero nesta guía trataremos de simplificar conceptos para que os máis novos (2 a 5 anos) teñan un primeiro achegamento ao carnaval e, en concreto ao entroido galego, e participen del dunha forma activa e alegre, ao tempo que facemos un primeiro achegamento a conceptos moito máis complexos como a tolerancia, a igualdade de sexos etc.

Aprendizaxe

  • Formación persoal e social:

    Coñecer o propio corpo e descubrir as súas posibilidades expresivas. Adquirir máis precisión en xestos e movementos. Fomentar a curiosidade e o gusto por explorar.
  • Coñecemento do medio:

    Relacionarse cos demais. Traballar a conduta propia en relación ás pautas de comportamento social. Coñecer e respectar a diversidade cultural e social. Coñecer e participar das propias tradicións.
  • Educación artística e matemática:

    Os disfraces a través da plástica: pintura, manualidades. Música e baile. Os números.
  • Formación persoal e social:

    Adquirir habilidades emocionais, organizativas e sociais. Fomentar as relacións de grupo en situacións lúdicas.
  • Conceptos básicos:

    Vocabulario específico de entroido Vestimenta. Cores. Gastronomía. Calendario: meses, días da semana. Linguaxe oral: cantigas, refráns.
  • Educación en valores:

    Respectar as diferencias. Fomentar relacións respectuosas. Educación para igualdade de oportunidades.

Brauliotuber

Braulio percorre diversos colexios de toda Galicia para contarnos como viven o Entroido. Se queres saber máis, vai á páxina de BraulioTuber!

https://www.youtube.com/watch?v=cMZZmDYAP6E&list=PLH_EI5XdRwrbbCCXMpH_DzAPxtoyIblQx&index=11

Descargas

  • Unidade didáctica

    Descarga a unidade didáctica sobre o Entroido para coñecer a orixe desta celebración e a súa evolución en cada zona ata os nosos días.

    Descargar
  • Actividades

    Descarga o caderno de actividades e demostra o que sabes sobre o Entroido galego da forma máis divertida.

    Descargar
  • Recortables

    Aquí podes descargar diverso material relacionado co carnaval e personalizalo. Un xeito divertido de vivir estas festas.

    Descargar
  • Gastronomía

    Descarga as fichas coas receitas e pratos máis típicos do Entroido en Galicia. Cal che gusta máis?

    Descargar

Participa

Queremos coñecer o que traballastes este ano na vosa clase en relación ao Entroido. Tan só nos tedes que contar o que fixestes (traballos en grupo, proxectos, murais, actuacións, talleres, temática elixida para o disfrace etc.) explicando brevemente o obxectivo e a execución do traballo e achegar unha foto representativa do proxecto**.

Só por participar entraredes no sorteo dunha chea de premios!

* Campos obrigatorios

Ao participar, acepto as bases do sorteo

**A través desta plataforma só se pode achegar unha foto –a que mellor represente a filosofía do proxecto–, pero se queredes enviar máis podedes facelo ao correo electrónico info@osbolechas.com, explicando a que proxecto pertencen.

Premiados

Xoves, 15 de Febreiro de 2018 • CPR NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO | Profesor: María Jesús Vaamonde MaroñoMaría Jesús Vaamonde Maroño | Ver proposta



Mércores, 14 de Febreiro de 2018 • CEIP OZA DOS RÍOS | Profesor: Walter Guzmán | Ver proposta



Martes, 13 de Febreiro de 2018 • CPR NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO DE ARZUA | Profesora: Maricarmen Santos Palmou | Ver proposta



Luns, 12 de Febreiro de 2018 • CEIP RAMÓN DE VALENZUELA | Profesora: María GC | Ver proposta



Venres, 9 de Febreiro de 2018 • CEIP AS SOLANAS - NICOLÁS GUTIÉRREZ CAMPO | Profesora: Gloria María Baz Rodríguez | Ver proposta



Xoves, 8 de Febreiro de 2018 • CEIP A IGREXA - BRENS | Profesora: María Fernández Santiago | Ver proposta



Premios

Cada día farase un sorteo ao azar entre todos os proxectos presentados.

O proxecto gañador cada día publicaranse na galería de premiados da web e todos os alumnos e alumnas que participaron nos mesmos recibirán cadanseu lote de libros dos Bolechas. Ademais, cada clase recibirá como premio colectivo os libros-disco Os Bolechas fan unha banda e Chis Pum.