Os Bolechas
Os seis irmáns, protagonistas principais dos Bolechas, son Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia, Tatá e a súa inseparable mascota, Chispa. Xunto cos protagonistas, aparecen habitualmente outros personaxes: pais, avós, curmáns, amigos, veciños…
CARLOS
É o irmán maior. Ten 7 anos e é, por tanto, o máis responsable e o que fai fronte ás situacións máis comprometidas, aínda que non sen medo. É o que máis relación ten con Chispa, o can da serie; é moi comellón, algo bruto e os seus xoguetes favoritos son os bonecos tipo “Supermúsculos”.
CARLOS@OSBOLECHAS.COM
LOLI
Xunto con Pili, a súa irmá xemelga, é a segunda en idade (uns 6 anos); é inqueda, activa, positiva e un pouquiño frívola; xoga tanto con coches teledirixidos coma con bonecas.
LOLI@OSBOLECHAS.COM
PILI
É parecida á súa irmá xemelga pero un pouco máis seria. Gústanlle os oficios asociados tradicionalmente co mundo masculino: mecánica de automoción, carpintaría etc.
PILI@OSBOLECHAS.COM
BRAULIO
É o terceiro en idade (5 anos). É tímido e non se deixa ver nu nin na intimidade. É o máis cerebral dos irmáns e algo despistado; gústanlle os instrumentos de música e os ordenadores, ademais doutros xoguetes de tipo “científico”.
BRAULIO@OSBOLECHAS.COM
SONIA
É a cuarta en idade (3 anos). É caprichosa, un pouco "maruxa" e algo contista e acusona. Ten moitos mimos e gústanlle as princesas e andar con cousas de mulleres adultas: bolsos, zapatos de tacón, barra de labios. Os seus xoguetes favoritos son os relacionados cos salóns de peiteado e a estética.
SONIA@OSBOLECHAS.COM
TATÁ
É o máis pequeno da familia (9 meses). Aínda non fala nin anda. É un bebé serio e curioso, pouco dado ás cousas propias da súa idade; a súa compañía inseparable é o chupete; lévase ben con Chispa, probablemente porque ningún dos dous fala.
TATA@OSBOLECHAS.COM
CHISPA
O can da familia é un husky siberiano que sempre está cos seus donos; a súa presenza, aínda que discreta, faise notar. É un can de peso, pouco dado a ladrar sen motivo.
CHISPA@OSBOLECHAS.COM
papá Bolechas
Moi tranquilo e paciente, comparte habitualmente xogos cos seus fillos. Chámase Daniel.
mamá Bolechas
Chámase Amparo e é unha nai doce e cariñosa.
Avoa Balbina
A avoa materna é loura, igual que a súa filla, Mamá Bolechas, e as súas netas, as xemelgas Loli e Pili.
Avó Marcelo
É o avó materno e está casado con Balbina. É rubio, como Carlos e Braulio.
Avoa Flora
É a avoa paterna. Morena, como Sonia, ten outro fillo chamado Lisardo.
Avó emiliano
É o avó paterno e, polo tanto, marido da avoa Flora. Ten o pelo cano, igual que o bigote, e encántalle contarlle historias aos netos.
Curmá Sarela
Filla biolóxica dos tíos paternos.
Curmá Ying
Filla adoptiva dos tíos paternos. É de orixe chinesa.
Curmán Kofi
Fillo adoptivo dos tíos paternos. É de orixe africana.
Tía Camila
Muller do tío Lisardo e nai dos primos Sarela, Ying e Kofi.
Tío Lisardo
É o irmán de Papá Bolechas e está casado coa tía Camila, con quen ten tres fillos.
Lusco
Can de Sarela, Ying e Kofi.
Fusco
Can de Sarela, Ying e Kofi.
Curmá Saladina
Filla dos tíos Agostiño e Lupa e prima dos Bolechas. É aínda un bebé, como Tatá.
Tía Lupa
Irmá de Papá Bolechas; está casada co tío Agostiño.
Tío Agostiño
Marido da tía Lupa e pai de Saladina.
OS BOCHECHAS
Os seis irmáns, protagonistas principais dos Bolechas, son Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia, Tatá e a súa inseparable mascota, Chispa. Xunto coos protagonistas, aparecen habitualmente outros personaxes: pais, avós, curmáns, amigos, veciños…
CARLOS
É o irmán maior. Ten 7 anos e é, por tanto, o máis responsable e o que fai fronte ás situacións máis comprometidas, aínda que non sen medo. É o que máis relación ten con Chispa, o can da serie; é moi comellón, algo bruto e os seus xoguetes favoritos son os bonecos tipo “Supermúsculos”.
LOLI
Xunto con Pili, a súa irmá xemelga, é a segunda en idade (uns 6 anos); é inqueda, activa, positiva e un pouquiño frívola; xoga tanto con coches teledirixidos coma con bonecas
PILI
É parecida á súa irmá xemelga pero un pouco máis seria. Gústanlle os oficios asociados tradicionalmente co mundo masculino: mecánica de automoción, carpintaría etc.
BRAULIO
É o terceiro en idade (5 anos). É tímido e non se deixa ver nu nin na intimidade. É o máis cerebral dos irmáns e algo despistado; gústanlle os instrumentos de música e os ordenadores, ademais doutros xoguetes de tipo “científico”.
SONIA
É a cuarta en idade (3 anos). É caprichosa, un pouco "maruxa" e algo contista e acusona. Ten moitos mimos e gústanlle as princesas e andar con cousas de mulleres adultas: bolsos, zapatos de tacón, barra de labios. Os seus xoguetes favoritos son os relacionados cos salóns de peiteado e a estética.
TATÁ
É o máis pequeno da familia (9 meses). Aínda non fala nin anda. É un bebé serio e curioso, pouco dado ás cousas propias da súa idade; a súa compañía inseparable é o chupete; lévase ben con Chispa, probablemente porque ningún dos dous fala.
CHISPA
O can da familia é un husky siberiano que sempre está cos seus donos; a súa presenza, aínda que discreta, faise notar. É un can de peso, pouco dado a ladrar sen motivo.
Papá Bolechas
Moi tranquilo e paciente, comparte habitualmente xogos cos seus fillos. Chámase Daniel.
Mamá Bolechas
Chámase Amparo e é unha nai doce e cariñosa.
Avó Marcelo
É o avó materno e está casado con Balbina. É rubio, como Carlos e Braulio.
Avoa Balbina
A avoa materna é loura, igual que a súa filla, Mamá Bolechas, e as súas netas, as xemelgas Loli e Pili.
Avoa Flora
É a avoa paterna. Morena, como Sonia, ten outro fillo chamado Lisardo.
Avó Emiliano
É o avó paterno e, polo tanto, marido da avoa Flora. Ten o pelo cano, igual que o bigote, e encántalle contarlle historias aos netos.
Tía Camila
Muller do tío Lisardo e nai dos primos Sarela, Ying e Kofi.
Tío Lisardo
É o irmán de Papá Bolechas e está casado coa tía Camila, con quen ten tres fillos.
Curmá Sarela
Filla biolóxica dos tíos paternos.
Curmá Ying
Filla adoptiva dos tíos paternos. É de orixe chinesa.
Curmán Kofi
Fillo adoptivo dos tíos paternos. É de orixe africana.
Fusco
Can dos primos Sarela, Ying e Kofi.
Lusco
Can dos primos Sarela, Ying e Kofi.
Tía Lupa
Irmá de Papá Bolechas; está casada co tío Agostiño.
Tío Agostiño
Marido da tía Lupa e pai de Saladina.
Curmá Saladina
Filla dos tíos Agostiño e Lupa e prima dos Bolechas. É aínda un bebé, como Tatá.
Pepe Carreiro
Ilustrador e deseñador, comezou a súa traxectoria en 1977 co cómic O fillo de Breogán en A Voz do Pobo. Foi un dos fundadores de Can sen Dono, revista que dirixiu, e colaborou con multitude de publicacións como La Codorniz, Mundo Obrero, El Pueblo Gallego, Faro de Vigo, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Tempos novos, Retranca ou a TVG, entre outras.
Tamén publicou a saga “La retirada de Sir John Moore” na primeira etapa da revista Golfiño, que despois foi compilada en formato álbum por Xerais. Pero, sen dúbida, a gran sona deste polifacético artista veulle tras o éxito dos Bolechas, que levan publicándose desde o año 2000 e xa se converteu nun referente cultural en Galicia, coa súa serie de televisión, os espectáculos de muppets e bonecos corpóreos, o autobús Bolechas, a colección de xoias, os discos etc.