Letras galegas 2022. Colorea e participa no noso CONCURSO
Descarga o arquivo, imprime e colorea a túa ficha preferida! A clase poderá participar no sorteo de múltiples premios, enviando unha fotografía do alumnado coloreando ou de varias fichas xa coloreadas, ao correo osbolechas@osbolechas.com.
Letras Galegas 2022. Ficha didáctica
Nesta ficha didáctica atoparás información sobre o Día das Letras Galegas e o autor homenaxeado neste 2022, Florencio Delgado Gurriarán.
Letras Galegas 2022. Dicionario en imaxes
Sete imaxes para atinar a palabra que corresponde a cada unha delas. Lembra contar os ocos para descubrir o número de letras de cada vocablo.
Letras Galegas 2022. Sopa de letras
Atopa todas as palabras agochadas na sopa de letras dos Bolechas e aprende as súas definicións. O vocabulario é moi importante!
Letras Galegas 2022. Crucigramas
Aquí atoparás tres crucigramas diferentes con distintos niveis: doado, medio e difícil. Completa o que máis se axuste a ti ou inténtao con todos!