Celebramos San Valentín coas mostras de amor dos máis pequenos

A nosa páxina de Facebook ten en en marcha un concurso de San Valentín para coñecer as mostras de amor dos máis pequenos da casa. As dez máis votadas entrarán no sorteo dunha bicicleta, un monopatín e unha Biblioteca Básica Os Bolechas.


13 de febreiro de 2014



Os Bolechas queremos celebrar o Día de San Valentín dando a coñecer as mostras de amor máis divertidas, emocionantes e sorprendentes: as que veñen dos máis pequenos da casa.

Todos os pais e avós recordan con gran agarimo palabras e xestos cariñosos dos cativos que poden compartir nun divertido concurso na páxina de Facebook dos Bolechas.

Ademais, calquera pode entrar na páxina para gozar das anécdotas que contan os participantes e votar as que máis lles gusten; as dez que consigan máis votos entrarán no sorteo de tres grandes agasallos: unha bicicleta, unha Biblioteca Básica Os Bolechas e un monopatín.

O concurso está aberto ata este domingo, 16 de febreiro, ás 23.59 h, e o luns 17 farase o sorteo e daranse a coñecer os gañadores nesta páxina web e nas redes sociais, Facebook e Twitter (@OsBolechas). 









Arquivos