Por fin chega o Entroido!

O Entroido é unha das nosas festas favoritas porque nos encanta ver as comparsas, comer orellas e filloas e, por suposto, disfrazarnos. Adiviñades de que imos este ano? 


02 de febreiro de 2016



Este ano Os Bolechas imos disfrazarnos de MACEDONIA DE FROITAS, para recordar a importancia da alimentación saudable e os bos hábitos alimentarios, pero tamén porque nos gusta moitísimo a froita. Así que este ano seremos Don Limón, Don Kiwi, Don Pexego, Dona Pera, Dona Laranxa, Don Amorodo e Don Figo… 

Unha comparsa con moito zume!

Se queredes sumarvos á nosa macedonia, podedes facervos coas nosas caretas na área de DESCARGAS desta web. E aproveitamos para recordarvos que na ÁREA DIDÁCTICA tedes unha unidade adicada ao entroido galego con material teórico, actividades, xogos… Trátase de que os máis novos –fundamentalmente as nenas e nenos de educación infantil e primaria–, coñezan o entroido galego, tanto desde o punto de vista teórico como a través de exercicios e xogos moi didácticos e divertidos e sempre cos Bolechas como referente.

Unha boa forma de coñecer e gozar unha das festas máis divertidas e celebradas da nosa comunidade. 









Arquivos