Celebramos as Letras Galegas cunha nova app e moitos premios

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas poñemos en marcha este mércores, 13 de maio, unha nova aplicación de Realidade Aumentada que dá acceso a novos sorteos de libros dos Bolechas. Descárgaa desde App Store ou desde a nosa web.


12 de maio de 2015



Para conmemorar unha data tan especial como son as Letras Galegas este 13 de maio poñemos en marcha un novo concurso destinado ás socias e socios do noso Club. Se aínda non sodes, facédevos socios xa e poderedes gañar fantásticos lotes de libros dos Bolechas. Para participar teredes que facervos coa nova aplicación de Realidade Aumentada dos Bolechas. Só precisades un télefono ou tablet con sistema Android para descargar a app e seguir as instrucións.

Unha vez teñades a aplicación instalada no voso dispositivo móbil, abrirase unha cámara de fotos coa que debedes enfocar a un logo do Club dos Bolechas. Inmediatamente veredes unha frecha para pulsar e ver o vídeo no que Braulio vos dará as claves para adiviñar a clave secreta. Unha vez remate o vídeo, pulsades de novo na pantalla e podedes entrar directamente na web do concurso, onde veredes unha chave que dá acceso ao concurso. Tan só tedes que escribir a clave secreta que vos deu Braulio e os vosos datos e… esperar ao sorteo.

Cada mes sortearanse dous lotes de cinco libros cada un. E canto máis participedes, máis posiblidades tedes de gañar. No apartado Premios e Gañadores da web veredes os premiados en cada sorteo, e podedes consultar as bases do concurso ou solventar calquera dúbida sobre o mesmo.

Non esperedes máis e… MOITA SORTE!









Arquivos