Este Nadal cantamos con Monoulious DOP

Este Nadal non paramos! Ademais da xira Nadal en Familia e da nova web de Nadal, gravamos un concerto con Monoulious DOP na Cidade da Cultura para a TVG que poderedes ver este sábado e o día de Reis na primeira canle da televisión autonómica. E o 6 de xaneiro… tamén estaremos no Luar


27 de decembro de 2016



Este ano 2017 queremos rematalo por todo o alto, así que preparamos unha chea de actividades para que ninguén quede sen gozar do Universo Bolechas. Ademais da nova web de Nadal con vídeos, xogos e actividades, e da xira Nadal en Familia que nos levará ata dez vilas galegas, queremos presentarvos as novas cancións que fixemos con Monoulious DOP, un dos grupos máis divertidos do panorama musical galego.

Para iso gravamos un concerto na Cidade da Cultura que poderedes ver este Nadal na Televisión de Galicia. Emitirase na primeira canle da TVG este sábado, 31 de decembro, ás 11:30 horas, e o día de Reis, o venres 6 de xaneiro, ás 10:30 h.

Non volo perdades porque foi ESPECTACULAR!!

Noite de Reis no Luar

Ademais a noite do 6 de xaneiro estaremos con Gayoso no Luar especial de Reis que prepara a TVG. Os Bolechas corpóreos e Monoulious DOP interpretarán un dos novos temas musicais que non poderedes deixar de bailar!!!









Arquivos