O notario Carlos de la Torre Deza, de Santiago de Compostela, realizou os sorteos do concurso “Debuxa o teu cole”, convocado polos Bolechas e Novagalicia Banco, e destinado a nenos e nenas de infantil e primaria de toda Galicia. O CEIP do Xurés foi o gañador dos 3.000 €.
A resposta dos centros escolares foi tal que superou todas as expectativas da organización, con máis de 2.300 clases e máis 40.000 estudantes inscritos, o que converteu a iniciativa nunha das máis participativas da comunidade autónoma.
Feito o sorteo entre todas as clases participantes, a gañadora foi a de 1º de primaria do CEIP do XURÉS, de Lobios (Ourense) que participaba co código 134. Grazas aos nenos e nenas desta clase e á súa profesora, Rosa Mª Rodríguez López, o centro levará os 3.000 EUROS do premio. O centro de Lobios participou activamente no concurso, con ata sete clases inscritas.
Cadernos de actividades para todos os estudantes
Pero como o importante é participar, todos os colexios recibirán entre o 16 e o 19 deste mes os Cadernos de actividades dos Bolechas, cos que os organizadores queren premiar a participación e o esforzo de todas as nenas e nenos. Deste xeito todos os pequenos artistas poderán gozar do seu Caderno nas vacacións de Nadal.
Gañadores "Desde a casa”
Pero tamén se realizaron ante o mesmo notario os sorteos individuais das 60 Bibliotecas Básicas, e os 60 premios económicos. A lista de gañadores de cada un dos sorteos queda como segue:
60 premiados cunha Biblioteca Básica Os Bolechas (12 libros + mulecha):
– Alias: Breixo García López – Pai/nai/titor: Ana-Gloria López Gil.