Presentación do libro "Os Bolechas descobren o patrimonio indiano de Ferrolterra - Rías Altas" no Ares Indiano

O título pretende achegar aos máis pequenos a pegada indiana que tanto caracteriza ao municpio aresano, cunha amena didáctica a cargo da familia máis divertida da comunidade


26 de agosto de 2020



Un ano máis, Ares recordou aos emigrantes que puxeron rumbo a América e, á súa volta, trouxeron consigo o modo de vida, patrimonio e cultura imperantes daquela no continente. No marco da festividade, Os Bolechas non quixeron perder a oportunidade de acudir á celebración para presentar o seu libro adicado en exclusiva á historia indiana do concello, cun desfile no que nenos e maiores puideron desfrutar das súas personaxes favoritas. 

Os Bolechas descobren o patrimonio indiano de Ferrolterra - Rías altas, coma se chama a publicación, pretende divulgar de xeito entretido o pasado migratorio do lugar e as constribucións que posteriormente marcaron o porvir municipal. Financiada pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e a iniciativa Julio Ignacio Iglesias e Alma Barrón, alcalde e concelleira de Cultura, Educación e Deportes do Concello de Ares, trátase dunha guía ideal para adentrarse de cheo no Ares Indiano, adaptando aos novos tempos a recuperación da memoria local. A cargo de Edicións Bolanda, o libro contou tamén coa colaboración de Ernesto López Naveiras e Javier Vilasánchez, que accederon a bolechizarse por unha boa causa. 









Arquivos