Imos facer kitesurf a Porto do Son

Esta tarde presentamos na Casa da cultura de Porto do Son unha nova aventura que transcorre neste concello, onde Os Bolechas aprenderon un novo deporte, máis ou menos...


20 de xuño de 2014



Os Bolechas van a Porto do Son é a nova aventura da colección Guías, presentada este venres, 20 de xuño, ás 18 h na Casa da cultura da vila. O seu creador, Pepe Carreiro, acompañou ao alcalde da vila, Luis Oujo Pouso, e á concelleira de Cultura,  na presentación e explicoulles aos asistentes como se crean as historias dos Bolechas.

O novo conto dos Bolechas transcorre no concello sonense, onde os irmáns están a pasar as vacacións co seu amigo Abelardo. Na praia Loli fica apampada cuns nenos que practican kitesurf e quere imitalos. Pero, como non teñen aparello, inventan un utilizando un mediomundo. Buscan un sitio con vento para poderen voar e… Ai, mi madriña! Loli desaparece!









Arquivos