Os Bolechas presentan o título dedicado a Carvalho Calero
Este ano o Día das Letras Galegas adícase a Carvalho Calero, un profesor e escritor que dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas. El é o protagonista do último libro da colección As miñas primeiras Letras Galegas. Queredes coñecelo?
Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol en 1910 e faleceu en 1990 en Santiago de Compostela. Sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor- Entre os seus libros hai un no que fala de Scórpio, un neno que naceu pequeno coma un coello. Scórpio e Carvalho Calero son os protagonistas do últimos título da colección As miñas primeiras Letras Galegas dos Bolechas.
Pero este ano, en atención á situación excepcional que vivimos por mor da covid-19 e ás especiais circunstancias en que se celebra o Día das Letras Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ten no Portal da Lingua Galega, o libro a disposición dos máis pequenos da casa con acceso libre e gratuíto.