Os Bolechas serán a nova imaxe da botella infantil de Mondariz

A partir de maio, as botellas de auga de Mondariz de 33cl. con tapón deportivo incluirán a familia Bolechas nas súas etiquetas.




Augas de Mondariz quere contribuír ás iniciativas das autoridades sanitarias para a prevención da obesidade infantil. Aposta, para iso, por hábitos de vida saudables desde as etapas máis temperás.

Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa definen unha nova imaxe para as botellas de auga especialmente adaptadas ás necesidades dos nenos. A botella de pequeno formato conta ademais cun cómodo tapón deportivo, unha boa maneira de facilitar aos máis pequenos a inxesta de auga.

Os Bolechas queren ser un exemplo para os seus seguidores. Os milleiros de fans da serie de televisión e os lectores dos seus libros de aventuras terán agora a oportunidade de velos tamén nos estantes dos establecementos de alimentación. Aínda que haberá que agardar ata o mes de maio para poder conseguir unha destas botellas.









Arquivos