Ángeles López e Exclusivas Ucha novos gañadores do concurso de verán dos Bolechas




Os fans dos Bolechas seguen colaborando no concurso de relatos de verán e seguen gañando agasallos. Esta semana os afortunados foron Ángeles López Míguez, que acadou unha táboa de bodyboard, e Exclusivas Ucha que logrou facerse co papaventos.

 

Eles foron os que obtiveron máis “me gusta” de fans dos Bolechas polas súas frases en Facebook coas que contribuíron a crear a historia de verán de Sonia. E hoxe mesmo iníciase un novo relato, que terá como protagonista a Tatá, que non para. Todo o día anda a gatear detrás de Chispa.

 

Os fans dos Bolechas en Facebook só teñen que deixar a súa frase no muro (http://www.facebook.com/photo.php?fbid=500993596592341&set=a.362618157096553.88852.361053140586388&type=1&theater) e a que máis “me gusta” acade ata o domingo conseguirá algún dos agasallos que se reparten semanalmente.

 

A historia de Sonia

-       Sonia vai participar nunha carreira infantil. Quizais algún día poida estar nas Olimpíadas..."

 

-       Os vestidos de princesa quedarán no armario de momento. E a coroa de diamantes será substituída por unha de loureiro.

 

-       Nunca tal viu Sonia! paréceme a min que Chispa ándalle detrás para que corra tanto!

 

-       Como é a campioa da edición pasada este ano correrá co dorsal número 1

 

-       Érguese ben cedo tódalas mañás e corre con Chispa pola praia ata acabar coa lingua fóra.

 

-       Todo preparado para o gran día. Sonia almorza unha gran cunca de leite con chocobolechadas, os novos cereais que mamá Bolechas mercou na tenda do barrio, Chispa treme coa emoción, e por fin... todos preparados para a carreira, Sonia pensa... Son unha nena galega e como as galegas en Londres... quedarei de primeira! preparados... listos... vouuuuuuuuuuuu

 

-       Para empezar ben o dia, Sonia toma un zume de verza ben fresquiño e empeza a correr polo parque como se fose un tornado, así o fai tódalas mañás acompañada de Chispa, esperando ser algun dia candidata a unhas Olimpíadas!!!!!!!!!

 

-       Xa dende que era ben pequeniña lle gustaba correr: detrás das pombas, detrás dos seus irmáns, detrás de Chispa..., o caso era correr. Agora, por fin, vai participar nunha carreira con outros nenos correndo ao seu carón!!! -Vai ser xenial -pensa Sonia...

 

-       Aínda que non chegue a ser una gran corredora o importante é que se divirte cos seus amigos e lle gusta moito a roupa de deportista! A Sonia ocórreselle que poden facer unha carreira diferente as habituais na que chegar a primeira non é precisamente o mais importante...

 

-       Os Bolechas deciden facer un running para persoas diversas na que eles participaran para apoiar aos seus amiguiños diversos e especiais!!!

 

-       Sonia vaise encargar dos preparatorios da carreira no circuíto de atletismo do seu colexio, pero necesita a axuda de Chispas para dar a saída os corredores co seu hiperfuracanado ladrido "guuuuaaaaauuuuu"... 









Arquivos