Este ano volvemos á Mostra da Olería de Buño

Este martes, 9 de agosto, presentamos na fermosa parroquia malpicá o novo libro, Os Bolechas van á Mostra da Olería de Buño. O acto será ás 17:00 h e despois… visitaremos a 33ª Mostra da Olería de Buño!


03 de agosto de 2016



O martes, ás 17:00 h, preséntase no parque Luciano García Alén de Buño o novo título da nosa colección “Guías”. Trátase do libro Os Bolechas van á Mostra da Olería de Buño, co que o Concello de Malpica de Bergantiños quere dar a coñecer entre os máis novos esta importante mostra que cada ano se celebra na parroquia de Buño. A edición deste ano, a número 33, dá comezo este mesmo venres e rematará o día 15 de agosto.

Precisamente a presentación do libro enmárcase no programa da Mostra, que este ano inclúe novidades como actuacións musicais todos os días, unha ofrenda floral de homenaxe ao Dr. Luciano García Alén, un tren turístico que funcionará as fins de semana ou a visita dos Bolechas, que coincidirá coa presentación do libro. Os seis irmáns participarán no acto xunto con varios representantes da Mostra da Olería, o alcalde Eduardo Parga e a concelleira de Educación e Cultura, Noelia Freijeiro, e despois farán un pasacalles para saudar a cativada.

Os Bolechas van á Mostra da Olería de Buño

Carmiña é unha nena da parroquia malpicá de Buño, famosa polos seus oleiros e oleiras. Os Bolechas van coñecer con ela Malpica de Bergantiños e, de paso, aprender a elaborar un porrón. Non é nada fácil! Mais, ao final, levarán un porrón moi especial…









Arquivos