Consegue dúas entradas para a xira de Nadal

Os Bolechas sortean na súa páxina de Facebook unha entrada dobre para cada un dos lugares onde se representará o espectáculo Os Bolechas cantan con Lady Vina


18 de decembro de 2013



A páxina de Facebook dos Bolechas ten activo ata o xoves ás 23.59 h un sorteo para conseguir entradas para o espectáculo de Nadal dos Bolechas. En total sortearase unha entrada dobre (para dúas persoas) en cada unha das 11 vilas nas que estará a xira de Nadal.

Os monicreques da tele viaxarán por toda Galicia: Vilagarcía, A Coruña, Santiago, Vigo, Ourense, Lugo, Pontevedra, Narón, Cangas, Burela e Vilalba. Trátase dun dos maiores espectáculos infantís do ano, un musical no que se poderán escoitar algunhas das cancións do disco Os Bolechas fan unha banda e gozar dun espectáculo para toda a familia.

Todos os participantes no sorteo deben ser fans da páxina oficial dos Bolechas en Facebook. Terán que participar a través da aplicación específica do sorteo e decir o nome dunha das vilas. O sorteo para cada localidade realizarase entre todos os usuarios que escollesen o nome desa localidade na súa resposta á pregunta "Para que localidade queres as entradas?". Só pode especificarse unha localidade. No caso de que se indiquen máis, só contará para o sorteo a primeira.

O nome dos 11 gañadores darase a coñecer o venres e os premiados recibirán as súas entradas para vila que indicaron por correo electrónico. Sorte!!!









Arquivos