Divírtete e coñece o acollemento familiar na nova web dos Bolechas

Para coñecer o programa de Familias acolledoras, ademais da web da Cruz Vermella, podedes visitar a nova web dos Bolechas chea de xogos e actividades para pasalo en grande.


18 de xullo de 2014



Ademais da xira que farán Os Bolechas para dar a coñecer o acollemento familiar, puxemos en marcha unha nova páxina web onde, ademais de información sobre o programa, se inclúe toda a diversión que caracteriza Os Bolechas, con xogos e actividades para toda a familia.

No apartado “Xogos” hai dous xa coñecidos polos fans dos Bolechas, como os debuxos para colorear  e os quebracabezas, neste caso con propostas adaptadas á temática da páxina. A novidade é a “Foto familiar” na que calquera pode facerse unha foto desde o ordenador ou subir unha xa feita e formar parte do álbum familiar dos Bolechas. O retrato pode imprimirse para telo sempre como recordo.

Outra sección é a de “Descargas” con moito material para imprimir e gozar este verán, desde láminas para colorear ata os recortables dos Bolechas para montalos na casa ou pasatempos como sopas de letras, labirintos ou atopar as sete diferenzas.

No menú inicial tamén temos “Últimas novas” con información sobre todo o relacionado cos Bolechas famiia acolledora e xusto enriba hai un marco co lema “Imos de xira” onde coñecer todas as datas e lugares polos que pasará a caravana Bolechas presentando o Programa de familias acolledoras.









Arquivos