Os Bolechas levan a 'porta dos Camiños' por toda Galicia
Os Bolechas volven cunha nova xira da man do programa de dinamización lingüística FalaRedes. Ata o 29 de novembro pasarán por 21 localidades galegas cunha proposta centrada no Camiño de Santiago.
O Museo do Mar de Galicia acolleu a primeira función da nova proposta para a cativada, Os Bolechas e a Porta dos Camiños. Nesta nova aventura Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia e Tatá terán que botarlle unha man ao programador informático Haker Mater para poñer a punto a Porta dos Camiños, unha máquina que lles axuda a elixir un dos moitos Camiños de Santiago ás persoas que queren peregrinar e non saben por que vía facelo. Para conseguiren que funcione a máquina, os cinco irmáns, acompañados do seu can Chispa, necesitarán a axuda do público, que se divertirá e aprenderá mentres participa neste reto.
Os Bolechas e a Porta dos Camiños está dirixido a nenas e nenos de catro a oito anos aínda que toda a familia pode gozar deste espectáculo que percorrerá 21 localidades e entidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística. Ademais, todas as persoas que vaian a unha das funcións poderán participar no concurso daweb do espectáculopoñendo a palabra clave que se da en cada vila. Nesa páxina atoparán tamén toda a información da xira: datas, localidades…
Especial seguridade
Por mor da situación provocada pola pandemia que estamos a sufrir, o acceso é máis limitado, polo que hai que reservar e informarse das condicións requiridas en cada localidade para cumprir escrupulosamente coas medidas de hixiene, distancia de seguridade etc.
Axenda
VIGO: Museo do Mar
19 de setembro - 12 horas
O GROVE: Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
19 de setembro - 18:30 horas
FRADES: Multiúsos Municipal
26 de setembro - 11:30 horas
RIBEIRA: Auditorio Municipal
27 de setembro - 18 horas
VILAGARCÍA DE AROUSA: Auditorio Municipal
3 de outubro - 18 horas
BOQUEIXÓN: Casa da Cultura de Camporrapado
4 de outubro: 12 horas
ABEGONDO: Centro Cultural O Salón
4 de outubro - 18 horas
PONTECESO: Aldea do Couto
17 de outubro - 12 horas
CERCEDA: Auditorio Municipal
17 de outubro - 18 horas
ROIS: Auditorio Municipal
24 de outubro - 12 horas
LALÍN: Salón Teatro
24 de outubro - 18:30 horas
GUNTÍN: Casa da Cultura
3 de novembro - 12 horas
ARTEIXO: Auditorio do Centro Cívico Cultural
7 de novembro - 12 horas
A CORUÑA: Centro Ágora
14 de novembro - 12 horas
SANTIAGO DE COMPOSTELA: Centro Sociocultural de Vite