Os Bolechas viven unha nova aventura na cidade de Santiago de Compostela

A nova guía dos Bolechas, que se presenta en edición bilingüe galego/inglés, darase a coñecer mañá mércores, 28 de novembro, na Fundación Torrente Ballester de Compostela.


27 de novembro de 2018



O Consorcio de Santiago e a editorial Bolanda veñen de publicar o libro Os Bolechas van a Santiago de Compostela, unha nova aventura dos personaxes creados polo debuxante Pepe Carreiro. A nova aventura será presentada mañá mércores, 28 de novembro, na Fundación Torrente Ballester, ás 19:30 horas.

No acto estarán o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do organismo interadministrativo, Juan Conde, e Tomás Valín, da editorial Bolanda. 









Arquivos



PHP Warning: getimagesize(imaxes/Novas/325/): failed to open stream: No such file or directory in H:\webspace\hostings\osbolechas.gal\hosting\www\PanelAdmin\functions.php on line 579