Este ano estaremos no Vigo SeaFest, Festival ARVI do Peixe, unha cita de referencia para a gastronomía do mar que terá lugar no Náutico de Vigo do 5 ao 8 de xullo. Os Bolechas xunto ao seu creador, Pepe Carreiro, gozarán das actividades programadas e presentarán o libro Os Bolechas comen peixe.
A cita no Vigo SeaFest será o domingo 8 de xullo. Ás 12:00 h os Bolechas sairán do Comercial A Laxe en dirección ao escenario Estrella Galicia onde ás 12:30 h terá lugar a presentación da nova guía Os Bolechas comen peixe e posterior sinatura de libros por parte de Pepe Carreiro. O novo libro dos Bolechas é o primeiro tomo dunha nova colección sobre nutrición co que se trata de fomentar o consumo de peixe e coñecer as vontades deste produto para toda a poboación e especialmente para a infancia.
Tras a presentación os Bolechas corpóreos farán un novo percorrido polo Vigo SeaFestpara gozar das actividades deste gran evento, que inclúe concertos diúrnos e nocturnos, talleres familiares, actividades deportivas, espectáculos escénicos e de rúa, showcookings e unha grande área de exposición.
Un acontecemento central no calendario festivo deste verán que non nos perderemos!!