Os Bolechas coa igualdade en Santa Comba

A igualdade entre nenas e nenos é o tema da última guía dos Bolechas editada para o Concello de Santa Comba e que xa foi repartida en varios centros escolares do municipio.

 

 


02 de decembro de 2019



Os Bolechas seguen traballando para difundir a mensaxe da igualdade desde as primeiras etapas escolares, co fin de introducir entre as novas xeracións un tema esencial e transversal na educación infantil e primaria. Un dos concellos que vén de sumarse á iniciativa é o de Santa Comba, que editou unha guía destinada a escolares do municipio que xa está a ser repartida.

O novo título dos Bolechas transcorre no municipio, a onde van os Bolechas convidados por Catalina, unha nena de Santa Comba moi amiga de organizar cousas e que agora quere tratar uns temas importantes. Ao final da xuntanza, entre todas as nenas e nenos que participan chegarán a grandes conclusións que colocarán nuns carteis por todo o municipio para non esquecelas máis: cousas como que non hai xoguetes de nenas e de nenos, que non hai cores femininas e outras masculinas, nin tampouco profesións para mulleres e para homes. Todas as persoas podemos traballar no que queiramos, xogar ao que nos guste e usar as cores que queiramos.

As nenas e nenos de Santa Comba seguro que xa o saben ben!









Arquivos



PHP Warning: getimagesize(imaxes/Novas/355/): failed to open stream: No such file or directory in H:\webspace\hostings\osbolechas.gal\hosting\www\PanelAdmin\functions.php on line 579