Historias de verán

Os Bolechas propoñen un novo concurso para este verán. Cada semana os fans dos Bolechas terán que escribir unha frase para construír unha historia. As máis votadas gañarán unha táboa de "bodyboard" e un papaventos.




Os irmáns Bolechas están de vacacións e propoñen un xogo para pasar este tempo cos seus amigos das redes sociais. Cada semana o muro de Facebook mostrará a foto dun dos irmáns Bolechas cunha frase que será o comezo dunha historia. Os fans dos Bolechas nesa rede terán que continuar a aventura con outra frase e as máis votadas, as dúas frases que acaden máis “me gusta”, terán un premio directo consistente nunha táboa de “bodyboard” para o primeiro clasificado e un papaventos para o segundo.

Para participar no concurso é preciso terlle dado a “me gusta” na páxina dos

Bolechas en Facebook. Só se pode poñer unha frase por persoa e debe estar escrita en galego. Cada semana haberá un concurso; hoxe, luns 16 de xullo, comezou o primeiro que rematará o domingo, e cada semana abrirase un novo ata o domingo seguinte. Os fans poden participar todas as semanas, pero unha vez que consigan un dos agasallos non optarán a máis premios.

Gañar só depende do número de “me gusta” que teña cada frase, pero é preciso que eses votos proveñan de fans da páxina dos Bolechas, así que o participante debe asegurarse de que os amigos que o voten lle teñan dado tamén a “me gusta” no Facebook dos Bolechas.

Cada semana a frase con máis votos válidos recibirá unha táboa de “bodyboard” (Tribord 100 42’) e o segundo clasificado un papaventos (Tribord Zeruko W144). Os Bolechas poranse en contacto co gañador e tamén o anunciarán nesta páxina web.

A primeira historia ten como protagonista a Braulio, que sacou moi boas este curso e recibiu un gran agasallo. A aventura xa comezou.  









Arquivos